Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Día Internacional contra a Violencia de Xénero deben ser tódolos días

O Día Internacional contra a Violencia de Xénero deben ser tódolos días
25N Buserana 2014

Xa saen o que pensamos destas datas sinaladas. Moito mellor sería non ter que lembrar, cun Día Internacional, unha realidade coma esta. Pero a dia de hoxe fai falta. Fai falta visibilizar que a Violencia de Xénero segue viva, que pode estar, ademais, aquí ao lado.
Xa no lo din, por exemplo dende as organizacións feministas da zona: A loita contra esta violencia non pode quedar reducida a un día (25N), nin a un mes (novembro), nin tan siquera a un só ano, porque é unha loita que se ten que levar a diario para facela evidente e para mostrar que, practicamente, todas as mulleres estamos sometidas dunha maneira ou doutra a ela. O Día Internacional contra a Violencia de Xénero deben ser tódolos días.

A Asociación Feminista Buserana leva anos en loita contra a Violencia de Xénero. E unha das citas ineludibles é o 25 de novembro. O ano pasado as Buseranas berraron o “Nen unha máis”, en 2012 loitaron contra o “silencio cómplice” dos que estamos preto dunha situación de risco.

Este ano, a Buserana arma unha xornada reivindicativa baixo o lema “Co maltrato non hai trato”. A cita será o propio martes 25, na Praza 8 de marzo de Cee (nunca mellor traída, pois saben que o 8 de marzo é o Día da Muller Traballadora). A partir das 19:30h poderase disfrutar dun magosto, e de contado, haberá un recital de poesía con Concha Blanco, Suso Bahamonde e Eloy Traba, que lerán o comunicado co que a entidade quere facer reflexionar a toda a veciñanza.

Máis actividades por Carnota

Comisión de Acción Feminista do BNG e a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte

Non será a da Buserana a única acción arredor do día contra a Violencia de Xénero. Por exemplo, o pasado venres a Comisión de Acción Feminista do BNG e a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte, que queren centrar a súa atención este ano nos “micromachismos”, esa “violencia invisíbel que nos rodea e que son parte desta lacra que temos que frear, con accións coma estas, e por suposto, nas institucións, xa que a violencia machista non é unha cuestión privada, é unha cuestión pública e política”.

Así, o pasado venres armaron un Obradoiro sobre micromachismos no bar Pedrapás (no porto de Lira). E ten a entidade unha cita para este martes, unha proxección e foro de debate posterior no Salón de Actos do Concello de Carnota, a partir das 20:30h.

Acto en Vimianzo

O vindeiro martes 25 de novembro conmemórase o Día internacional contra a violencia de xénero. O Concello de Vimianzo quere sumarse aos actos conmemorativos deste día e para iso ten programado para as 12:00 h un acto na Praza do Concello.

O dito acto estará aberto a toda a cidadanía que desexe participar e nel representantes das asociacións do concello e veciñas e veciños das distintas parroquias achegarán un lazo que elaboraron previamente acompañado dunha mensaxe en contra da violencia sexista.
Tamén participarán alumnas e alumnos do CEIP San Vicenzo de Vimianzo, do IES Terra de Soneira e da Escola Infantil Municipal.

#CamariñasdiNON

A Área de Igualdade do Concello de Camariñas, vai levar a cabo unha acción de fomento da participación dirixida a toda a cidadanía por medio das redes sociais. Twitter @MullerCamarinas e Facebook. Consiste na creación de mensaxes e tweets para a eliminación deste tipo de violencia có hastag #CamariñasdiNON, iniciativa que ten como finalidade concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de loitar contra esta lacra social.

Pretenden promover unha verdadeira marea de Tweets na rede social Twitter e mensaxes compartidos a través de Facebook o longo de toda a semana dende o 22 ao 29 de novembro.

Por Corcubión

25N en Corcubion

A Concellería da Muller e Igualdade de Corcubión tamén preara unha xornada completa. Xa arrincaron coas citas o pasado sábado 15 cun foro aberto cos especialistas. Para o propio martes, o Concello fará un parón ás 12:00h, para participar nunha concentración e lectura do manifesto diante da casa consistoria.
Pero ademais, colaborando co Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal, prepara unha proxección de cine, para o mércores 26 ás 1900h na Biblioteca, di filme las mujeres de verdad tienen curvas”; e un club de lectura para o xoves 27.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios