Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Gaiteiro Bucólico levou aos nenos de Cee de viaxe polos instrumentos tradicionais

O Gaiteiro Bucólico levou aos nenos de Cee de viaxe polos instrumentos tradicionais
Simón Piñón levou o Gaiteiro Bucólico a Cee Simón Piñón levou o Gaiteiro Bucólico a Cee

Vai de música estes días no Mes da Fundación Fernando Blanco. Se a pasada semana sera Anxo Pintos o que nos levaba ata o mediado coa súa zanfona, este pasado martes 17 de outubro, era Simón Piñón da Compañía Yázabro o que realizara un concerto didáctico, "O Gaiteiro Bucólico”. Escolares de 3º e 4º de Primaria e usuri@s de ASPADEX disfrutaron e aprenderon desta cita musical arroupada por unha posta en escea teatral.

Así, foron de viaxe pola evolución de instrumentos tradicionais coma a gaita, a zanfona, a requinta, instrumentos que nacen doutros instrumentos mais pobres coma as frautas de palla de centeo, o bugallo ou a folla de hedra.
Durante o espectáculo presentáronse diferentes instrumentos coma a frauta de bambú, os bugallos, a requinta, a gaita de palla, a zanfona, a gaita de fol, o mexacán, s cunchas, o latón, e moitos máis.

Novas relacionadas

Máis novas

Gañadores dos Premios Fernando Blanco

Fonte

Comentarios