Venres. 29.03.2024
El tiempo

O hospital de Cee diminúe a 6,4 días o tempo de espera das consultas preferentes

O hospital de Cee diminúe a 6,4 días o tempo de espera das consultas preferentes
No 2015 o hospital Virxe da Xunqueira tardou unha media de 6,4 días en atender unha consulta preferente No 2015 o hospital Virxe da Xunqueira tardou unha media de 6,4 días en atender unha consulta preferente O hospital Virxe da Xunqueira de Cee está de racha. Fai unha días coñecíamos que aumentara o número de partos durante o 2015 e agora veñen de anunciar o balance no que unha das principais novidades é a baixada do tempo de espera para unha primeria consulta por enfermidade preferente. En concreto a demora media en consultas preferentes de enfermidade pasou dos 8,7 días opasado ano, aos 6,4 días deste ano 2015. A actividade xeral na área de consultas externas aumentou nun 2,5%, 63.578 consultas en 2015 fronte as 62.042 do ano 2014. En canto ás primeiras consultas o número delas foi moi similar ao ano 2014. O número de pacientes en lista de espera para unha primeira consulta por enfermidade mantense nas cifras do ano 2014, situándose o tempo medio de espera en 48,7 días, 3 días menos que o pasado ano. Por outra banda, o número de teleconsultas realizadas en colaboración con Atención Primaria incrementouse, pasando das 203 realizadas no ano 2014 ás 226 realizadas neste ano. 9,5 días para unha cirurxía con prioridade 1 A 31 de decembro de 2015, o tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica en patoloxías con prioridade 1 no hospital Virxe da Xunqueira de Cee situouse en 9,5 días. Estes tempos de espera so reflexan unha situación puntual, o obxectivo é sempre acadar que un paciente non supere os 30 días de espera para estas patoloxías. O tempo medio de espera global para ser intervido cirúrxicamente aumentou de xeito pouco significativo, pasando dos 39,1 días do ano 2014 aos 39,9 días este ano. Dende a xerencia do centro sanitario indican que "é moi salientable o esforzo e a labor do control das patoloxías consideradas de gravidade, o que ven a significar que o importante da actividade é dar resposta á situación particular dos usuarios e á súa situación clínica e non tanto ao número total de intervencións realizadas". A xestión que se está a facer no hospital Virxe da Xunqueira posibilitou un mantemento do rendemento cirúrxico, situándose no 82% neste ano 2015. O número de pacientes en lista de espera para ser intervido cirúrxicamente mantense en cifras aceptables, pasando de 348 en 2014 a 368 neste ano 2015. Hospitalización e urxencias A cifra total de ingresos acadou os 3.137, fronte os 2.983 do ano 2014. A estadía media mantense nas mesmas cifras que o ano pasado situándose en 5,4 días. En canto ao número de urxencias atendidas aumentou en comparación ao pasado ano, 15.819 en 2014 fronte ás 16.726 en 2015. Mentres que a taxa de ingresos realizados é moi similar ao ano anterior, situándose en 18,2 %. Vías rápidas A 31 de decembro non había pacientes agardando para ser atendidos na vía rápida de cancro de colorrectal, sendo 16 o número de pacientes atendidos por este procedemento o longo do ano 2015. En canto á vía rápida de cancro de pulmón, o número de pacientes derivados ao CHUAC foi de 21. Mantéñense en tempos razoables as esperas para a realización da maioría das probas diagnósticas e/ou terapéuticas. O tempo medio de espera para a realización dunha proba de TAC é de 13 días, e de 21 días para unha ecografía. En canto á realización dunha proba mamográfica, a data 31 de decembro non existía demora para a realización da mesma.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios