Venres. 29.03.2024
El tiempo

O IES Fernando Branco celebra a gran final da V Olimpíada do Saber

O IES Fernando Branco celebra a gran final da V Olimpíada do Saber
Finalistas-da-Gran-Final-da-Olimpiada-O-Saber-ten-Premio-do-IES-Fernando-Blanco Equipos finalistas da gran final do 2015 Mañá venres - a partir das 11:30 horas - vai ter lugar no IES Fernando Blanco de Cee a gran final da V Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio. A esta gran final chegaron tres equipos, dos 14 que participaron nesta 5ª edición. Os equipos están formados por cinco alumnos e alumnas, dous de bacharelato, dous de ciclos formativos e un da ESO, de FP Básica ou da EPA. Ao longo do curso celebráronse eliminatorias ata quedar só tres equipos. Os nomes dos equipos finalistas son: Os Obrigados, Solpor e A Culpa foi do Capitalismo. Na final, os equipos enfrontaranse a unha primeira fase de 20 preguntas que se xeran ao chou mediante un programa informático creado polo IES Fernando Blanco de entre máis de 900 preguntas propostas por todos os departamentos didácticos do centro educativo. Os dous equipos que saquen maior puntuación nesta fase pasarán a unha segunda consistente nun debate sobre un tema proposto polo xurado, onde deberán demostrar as súas capacidades de argumentación e dialéctica. Desta última proba sairá o equipo gañador. Esta Olimpíada Cultural conta co patrocinio de Ferroaltántica que dota economicamente os premios que se reparten entre os equipos finalistas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios