Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Mes da Fundación fai un repaso sobre a seguridade en Internet

O Mes da Fundación fai un repaso sobre a seguridade en Internet
inaki quenerapu mes da fundacion cee Iñaki Quenerapú impartiu unha charla sobre Internet que se enmarca dentro do Mes da Fundación Máis de 200 alumnos e alumnas do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces - ambos de Cee - asistiron onte a unha conferencia sobra e a seguridade en Internet. Iñaki Pérez Rodríguez - ou máis coñecido como Iñaki Quenerapú - foi o encargado de impartir a charla "Seguridade nas redes. Contrastar información" que se enmarca dentro de programación do Mes da Fundación organizado pola Fundación Fernando Blanco. Iñaki Quenerapú defínese a sí mesmo como un "evanxilazado dixital" e non lle tembla a voz ao afirmar que a xente que naceu na era da Internet ten moito que aprender sobre o aproveitamento da tecnoloxía. Para el, a actual revolución dixital "é unha das de maior impacto de toda a historia da humanidade" e porén trata de axudarlle á xente a adaptarse a este novo paradigma. mes da fundacion Máis de 200 alumnos e alumnas asistiron á charla de Iñaki Quenerapú Próxima cita A próxima cita para o público xeral será este sábado - día 15 - da man de Davide Salvado – músico e percusionista - que ofrecerá un concerto comentado ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios