Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Muíños do Río da Lagarteira (II)

O Modesto Patrimonio: Muíños do Río da Lagarteira (II)
10.- M. de Antonio Leis no Rio Lagarteira en Cee 10- Muíño de Antonio Leis no Río Lagarteira

Continuamos co inventario e a reseña dos muíños o longo do curso, augas arriaba, do Río da Lagarteira,  no Concello de Cee.Mapa dos Muinos do Rio Lagarteira en Cee-Fonte-Modesto

4.- Muíño de Durán, situado na marxe dereita, de cantería cun amplo cubo. Parte do muro do seu lateral leste foi derribado por una crecida. O seu estado de conservación é ruinoso.

5.- Muíño de Xuliana, situado na marxe dereita e tamén coñecido como “Muño de Casais”. Era un dos considerados como o máis rentable da zoa. Ten unha cruz grabada no lateral esquerdo da porta de entrada. O seu estado de conservación é ruinoso.

6.- Muíño das Escaleiras, situado na marxe esquerda. Chámase así porque polo seu lateral leste ten unhas escaleiras de baixada. O seu estado de conservación é ruinoso. A escasos metros augas abaixo deste muíño había unha pontella de madeira para cruzar río que foi arrastrada por unha enchenta.

7.- Muíño de Antonio Leis, tamén coñecido como “Muíño de Abaixo”, situado na marxe esquerda. Moe coa auga procedente doutro muíño augas arriba. Alternaba con dúas capas segundo fose verán ou inverno. Segundo o seu dono, deixou de moer ao ramatar a Guerra Civil. O seu estado de conservación é ruinoso.

8.- Muíño de Castreiro, situado a escasos metros augas arriba do muíño anterior. O seu estado de conservación é ruinoso.

9.- Muíño de Ignacia, tamén coñecido como “Muíño de Alonso”, está situado a escasos metros augas arriba do muíño anterior. Ten unha pequena cruz grabada na porta e o seu estado de conservación é ruinoso.

10.- Muíño de Leis, tamén coñecido como “Muíño de Arriba”, situado a escasos metros do muíño anterior. Ten unha cruz grabada nun lateral da porta. O seu estado de conservación é ruinoso. Estes catro muíños citados moen coa auga procedente do río principal que, mediante unha canle de terra pola marxe esquerda, era conducida a este muíño e despois baixaba en cascada e facía moer aos tres restantes. Regaba ao mesmo tempo os herbais no seu traxecto.

11.- Muíño de Rodeiro de Abaixo, situado na marxe esquerda, encóntrase en estado ruínoso

12.- Muíño do Xordo, situado na marxe esquerda; moe coa auga procedente do muíño seguinte. O seu estado de conservación é ruinoso. A escasos metros augas abaixo deste muíño existía unha pontella de pedra que comunicaba a Lagarteira co lugar de Vilar de Toba. Tamén estaba o lavadoiro público. Ambos desapareceron por unha riada.

13.- Muíño do Rodeiro de Arriba, tamén coñecido como de Jesús de Pais, estaba a escasos metros augas arriba do muíño anterior. O seu estado de conservación é ruinoso. Estes dous muíños moían coas augas procedente do río principal que mediante unha canle pola marxe esquerda, eran conducidas a este e despois baixaba en cascada ao seguinte.

14.- Muíño de Castreiro, situado na marxe esquerda, foi destruído por unha crecida, só se conserva parte dos muros.

15.- Muíño de Vilar, situado na marxe dereita, era coñecido tamén como muíño de Cerdeiras. Foi desfeito polas obras das vivendas colindantes.

16.-Muino de Castineira no Rio Lagarteira en Cee 16.-Muíño de Castiñeira

16.- Muíño de Castiñeira, situado na marxe dereita. É privado e encóntrase en moi bo estado de conservación.

17.- Muíño de Xallas, situado na marxe esquerda, era un muíño veciñal do lugar de Xallas que tamén daba moenda á Casa do Camiño.  O seu estado de conservación é ruínoso. A partir de aquí o río toma o nome de Río do Cábado polo que non seguimos reseñando os restantes muíños. Casi todos estes muíños, en estado ruinoso, están cubertos cun manto de maleza formada por silvas, hedras e pequenos arbustos que van destruíndo os seus muros. Se pensamos nos traballos e sacrificios que pasarían os nosos antergos en construílos, é de moita pena. Este treito duns 700 metros de percorrido, na maioría cuberto de maleza, sería un sitio ideal para facer sendeirismo ao longo do cauce, con saída na praza do polideportivo de Cee e chegada ao extremo norte do lugar da Lagarteira, despois de cruzar o río  por unha pasarela no Muíño de Rodeiro de Abaixo.

Muino de Xallas no rio Lagarteira en Cee 17- Muíño de Xallas  

Olla outros artigos do Modesto Patrimonio

https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-muinos-do-rio-da-lagarteira-i/ “O Modesto Patrimonio: O Río da Lagarteira de Cee” — Que pasa na costa

Comentarios