Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O muradán Roque Rey enche de cor Stoupa coa súa mostra "A Praia"

O muradán Roque Rey enche de cor Stoupa coa súa mostra "A Praia"
a-praia-roque-rey-stoupa-cee "A praia" é unha mostra composta por unha selección de pezas diferentes entre sí pero coa mesma estética Stoupa, a tenda e galería de Cee - comeza forte o seu período de exposicións que, nesta ocasión trae os traballos do muradán Roque Rey. Ata finais de febreiro a tenda acolle unha selección de pezas únicas do artista afincado en Nova York; obras coloristas e orixinais que enchen de vida a tenda de artesanía. Roque Rey (Muros,1964) xa expuxo en galerías neoyorkinas tan importantes como a School of Visual Arts Ceramic Sculpture Show e a BOFFO Show House, e actualmente desenvolve o seu traballo como arquitecto no estudo Robert Couturier. O interese pola arte levouno a participar en proxectos relacionados coa escultura, cerámica, xoiería e serigrafía. As súas obras son un culto crisol de culturas, onde se misturan a memoria de Muros e da Costa da Morte, xunto coa influencia do mundo oriental polas súas frecuentes viaxes a Corea, e a intensidade da vida artística de Nova York. “A praia” é unha mostra de artesanía moi chamativa, e as súas pezas malia ser todas diferentes entre sí, comparten unha mesma estética. Os bañistas característicos de Roque Rey non teñen cabeza, senón que o espectador verá corpos que se adecúan a varios canons de beleza: figuras con pernas largas ou máis cortas e co ton de pel máis claro ou máis escuro. Rey logra así crear personaxes a través da cerámica e da pintura, xogando cos volumes e diferentes perspectivas; personaxes que non deixan indiferente a ninguén. Horario A mostra pode visitarse de luns a sábado de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas na galería ceense, situada na Rúa Campo do Sacramento 23 de Cee.

Novas relacionadas

Creadores da Costa da Morte en Stoupa

Fonte

Comentarios