Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O novo libro de Safa invítanos a discernir entre a información e o ruído arredor do mundo árabe

O novo libro de Safa invítanos a discernir entre a información e o ruído arredor do mundo árabe
Ghaleb Jaber Mohamed Safa e Anton Losada na presentacion do libro La Revolucion Arabe-Foto-Rafa Quintans Ghaleb Jaber, Mohamed Safa e Antón Losada na presentación do libro La Revolución Árabe-Foto-Rafa Quintans Mohamed-Safa-libro-La-Revolucion-Arabe

Unha nova viaxe ata a identidade do pobo árabe fixeron este pasado xoves unhas 80 persoas na Casa da Cultura de Cee. E o fixeron da man do mellor “cronista” posible: Mohamed Safa, este oftalmólogo, pero sobre todo activista, da causa palestina afincado na Costa da Morte dende hai máis de 20 anos.

Onte era momento para presentar o seu segundo libro “La Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nó gordiano”. En 2003, Ediciones O Castro editaba o libro “Palestina: grito por la libertad. Agora, el mesmo autoedítase para sacar á luz un libro que cambia as preguntas que nos levamos facendo nos últimos anos por mor da desinformación, “para librarnos das respostas preparadas”.

”Non son un escritor, eu milito nesta causa. E esta e a miña aportación”, recoñeceu este galego-palestino que descubriu en Galicia a súa “enorme morriña de Palestina, dunha Palestina libre”. Despois de ducias de charlas, e sen necesidade de guión, Safa podería estar falando durante horas, e mesmo días, dun conflito mundial, dunha revolución. “E moitos me preguntan pola revolución fallida que fixemos, pero a revolución non é boa ou mala. Esta era necesaria e imprescindible. A poboacion xa non podía aguantar e os políticos non o podia soportar, como dixo Marx. Aquí, España tivo 40 años a Franco, e a ninguén se lle ocorría dicir que España era antidemocrática. Nós temos 22 Francis, pero por iso non somos antidemocráticos, só que non somos capaces de eliminalos. Iso si, o mundo árabe demostrou que está conectado, e como un tunecino creou unha revolución en Egipto, e de aí respondeu Yemen, ata expandirse por outros tantos países”.

O encargado de abrir o acto foi o seu compañeiro de vida, Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney. Un home que tamén se tivo que gañar a vida fóra da casa, pero que nunca esqueceu a súa terra. “Nós temos que recoñecer que somos polígamos, porque sempre estaremos casados con Palestina e coa liberdade da nosa terra”. Destacou de Safa a súa impronta como “loitado para que a palabra non caia”.

Tamén tivo voz o tertuliano perfecto, Antón Losada, que que destacou do libro que “está escrito sen complexos, e sen medo, e iso é un valor en si mesmo nestes días. É un libro moi importante para os que non coñecemos tanto o malchamado "mundo árabe", sobre todo polo contexto que nos define nos anos anteriores á primavera árabe, sobre que foi o que propiciou esa revolución. Eu aprendín e rectifiquei prexuizos por falta de información. Non é un libro dun follower. É un libro dunha enorme honestidade, que repite cousas que hai que dicir unha e outra vez, como que as guerras son un negocio, non teñen nada que ver coas ideoloxías; ou o enorme poder da desinformación. O 90% do que eu sei do mundo árabe é unha mentira. E con este libro aprendín a discernir entre a información e o ruído”.

Unhas 80 persoas na presentacion do libro de Mohamed Safa-Foto-Rafa Quintans Unhas 80 persoas acodiron á presentación do libro de Mohamed Safa-Foto-Rafa Quintans

”A guerra é o negocio”

Realmente, ao comezo, Safa deixose de romanticismos e historias persoais, para ir directo á brecha: a repasar a historia. “Pensei que tiña que falar da revolución, do fracaso da revolucion, un fracaso debido a factores internos e externos. Neste libro analizo a identidade como un proceso de construción continua”. Nese sentido quixo saírse do debate que hoxendía está vivo no mundo árabe, entre relixiosos e non relixiosos, e pararse entre a relacion entre Occidente e Oriente, e as causas de tantos conflitos bélicos. “Non son o 60% das reservas, ou o 40% real de petroleo producido no mundo. A chave de por que Occidente leva anos creando guerras en Oriente Medio é o Consumo: o de armas e o alimenticio”, sentenciou.

Primeira, Safa inclúe os datos de consumo persoal. O mundo árabe son 350 millons de persoas: a día de hoxe a metade da nosa alimentación xa é importada de países occidentales”.

”Por un lado está a guerra (xa van 3 guerras e varias intervencións de occidente en Oriente Medio), pero non é que se faga negocio na guerra, é que a guerra é o negocio. Non só EEUU, España, Francia e ata Serbia fardan do aumento de venda armamentística. O 40% das armas consumidas no mundo é no mundo árabe. O60% aimentaron as exportación de armas de arabia saudí. O 20% do PIB dalgúns países árabes é dedicado a mercar armas (os occidentais non chegan ao 3%). Agora Trump afía a loita contra Irán e o fai como comercial das empresas armamentísticas do país”.

E por suposto, a historia de cada guerra remata ca “reconstrución despois do caos da destrución. Yemen, Siria, e Irak quedaron sen estrutura de estado: Resultado: inmigración e terrorismo, que crecen cando non hai un estado forte. Pero aí os países occidentais estanse confundido, porque un refuxiado non é unha carga económica. É un capital humano. Pero falta vontade política. Nestes tempos creceu a mentalidade de pechar as nosas fronteiras”.

En todo caso, Safa rematou cun halo de esperanza, deixando aberta a porta á comunión: “A longa historia comúnm obríganos a confluir aos mundos árabe e occidental. Esperemos non chegar demasiado tarde.”  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios