Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O parque de bombeiros de Cee recupera o camión de altura

O parque de bombeiros de Cee recupera o camión de altura
camion-altura-bombeiros-cee Segundo sinalan dende o BNG de Cee, o camión de altura recuperouse grazas ás xestións realizadas polo portavoz dos nacionalistas, Serxio Domínguez Despois de sete meses, o camión de altura volve ao parque de bombeiros de Cee. E segundo indican dendo o BNG de Cee, todo foi "grazas aos centos de chamadas, correos electrónicos e algún que outro viaxe á Deputación da Coruña por parte do portavoz do BNG de Cee, Serxio Domínguez. "Desde o BNG eramos sabedores, desde o pasado mes de marzo, da marcha atrás da dirección do consorcio nas súas intencións, e de que ía retornar ao parque comarcal tras seren arranxadas algunas anomalías que padecía, mais non foi até o pasado venres cando se fixo efectiva a devolución", sinala Serxio Domínguez. “Con este retorno confiamos que sexa esta a última vez que desde o consorcio menosprecen a bisbarra, ou que a coloquen nun segundo nível. A veciñanza da Costa da Morte paga impostos igual que os de outras comarcas, polo que os dereitos son os mesmos. De non ser así, de volver a levar a cabo medidas sen sentido e sen xustificación, no BNG temos claro que non quedaremos calados e loitaremos como desta vez, ou mais forte se fose preciso”, sinala Serxio Domínguez, voceiro do BNG de Cee. Os nacionalistas de Cee agradecen tamén a labor do persoal do parque, especialmente a de Daniel Bogo - representante sindical -. "Sen el hoxe a comarca estaría máis débil ante situacións de emerxencia", sinalan dende o BNG.

Novas relacionadas

 

Fonte

   

Comentarios