Martes. 05.11.2024
El tiempo

O PP comarcal asegura que a creación dos distritos sanitarios blinda a continuidade do hospital de Cee

O PP comarcal asegura que a creación dos distritos sanitarios blinda a continuidade do hospital de Cee
aurelio-nunez-hospital-cee O deputado do PP - Aurelio Núñez - destacou os puntos dos anteproxecto para a reforma da Lei de Saúde O deputado autonómico do Partido Popular - Aurelio Núñez - destacou onte que a creación do distrito sanitario da Costa da Morte, recollida no borrador do anteproxecto para a reforma da Lei de Saúde, permitirá blindar a continuidade do hospital de Cee. Nunha rolda de prensa, e acompañado por representantes dos populares da comarca, asegurou que o paciente “será o gran beneficiado” dunha reforma que pretende “ofrecer máis e mellores servizos” ás persoas. “O obxectivo da reforma é achegar a atención ao domicilio do paciente, que os hospitais estean máis preto da xente, non que os veciños teñan que achegarse aos centros”, apuntou o deputado autonómico, quen sinalou que o texto mellora tamén aspectos laborais dos profesionais. “Os que falan de escurantismo son os mesmos que pretenden sacar do debate político o documento e o único que fan é criticar sen achegar nada”, afirmou o deputado. Inversións Núñez aproveitou a cita para valorar de maneira “moi positiva” o esforzo inversor realizado polo executivo autonómico para mellorar a atención sanitaria no hospital Virxen da Xunqueira de Cee. En concreto, o popular subliñou que os 949.213,18 euros investidos polo goberno galego desde o ano 2012 ata o primeiro semestre do 2017 permitiron, entre outras cousas, mellorar e potenciar o servizo de radioloxía e mamografía, así como para renovar e incrementar o equipamento do centro. “Os datos reflicten de xeito evidente o firme compromiso da Xunta para manter e mellorar un hospital que resulta fundamental para esta comarca”, apuntou o popular, quen destacou que o número de consultas atendidas en endocrinoloxía e rehabilitación ata o primeiro semestre deste ano superou xa a barreira das 13.154. Núñez fixo fincapé tamén en que a reforma da Lei de Saúde permitirá consolidar na área sanitaria da Costa da Morte o modelo das Estruturas Organizativa de Xestión Integrada (EOXI), que desde o ano 2012 evitou que case 11.000 pacientes tivesen que viaxar ata a cidade da Coruña para ser atendidos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios