Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PP de Cee renóvase complemente

O PP de Cee renóvase complemente
Antonio Dominguez volve a politica co PP de Cee-Foto-MR Antonio Domínguez, nun pleno de 2009, volve a política no PP de Cee-Foto-MR Completa renovación a que vive o Partido Popular de Cee. Esta semana a directiva provincial dáballe luz verde á nova xestora do Partido Popular en cee, que estará presidida por Ramón Iglesias García. Unha candidatura que non conta nin con Zaira Rodríguez, ex alcaldesa no último goberno popular ceés. Un que si que volve á lista é Antonio Domínguez, ex alcalde de Cee dende 2001 ata 2007. Unha lista que buscará "chegar a todos e cada uns dos recunchos de Cee para falar cos veciños", "sen escatimar esforzos", en palabras de Diego Calvo. "Este municipio e a súa xente merécense un alcalde novo, un tempo novo e, sobre todo, un futuro mellor que o que ha ter ata agora. A nosa obrigación é facerlles ver que todo iso é posible e que nós somos esa alternativa", concluíu o presidente provincial. Á espera de coñecer cal será o candidato final para as eleccións municipais do vindeiro maio de 2019, os Integrantes da nova xestora de Cee son:
  • Presidente: Ramón Iglesias García;
  • Secretaria: Águeda María Díaz Mejuto;
  • Vogais: José Antonio Domínguez García, Juan Piñeiro Casais, María Victoria Areas Pose, José Oliva Rojas, José María Marcote Canosa, María Isabel Rodríguez Duran, José Manuel Buituron Fraga, Diego González Rodríguez, Jesús Busto López, Carlos Giménez Giménez, María Belén Lema, Norberto Martínez, Adrián Veira e Manuel Sambade Parga.

"Máis unidade"

A posta en marcha da comitiva ceesa serviu para escoitar ao presidente Partido Popular na provincia, Diego Calvo, que se onte reuníu cos membros da directiva provincial que o PP "non pode vivir da folla de resultados" e reclamou "máis unidade, máis esforzo e máis partido" co fin de afrontar con garantías as próximas eleccións municipais.

Críticas do PP de Carballo

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Carballo, Aurelio Núñez, criticou duramente o comportamento do rexedor carballés, Evencio Ferrero, ao que tachou de “sectario”, despois de que o seu equipo de goberno rexeitase no último pleno as tres mocións presentadas de maneira conxunta polos grupos da oposición. Para Núñez, esta é unha proba máis de que o BNG de Carballo “vive instalado na súa maioría absoluta” desde a que “despreza” calquera punto de vista ou proposta que lle poidan presentar o resto de formacións. O BNG rexeitou a redacción dunha ordenanza municipal que regule a colocación de bolardos nas rúas peonís, despois do problema e das queixas veciñais polo caso da rúa Desiderio Varela. Do mesmo xeito, Núñez acusou ao goberno local de non atender á petición de clarificar os criterios técnicos que aconsellan o estreitamento da rúa Vila de Negreira, e de non querer convocar a comisión de Urbanismo para explicar á oposición as modificacións levadas a cabo o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Fonte  

Comentarios