Domingo. 12.07.2020
El tiempo

O PP xa está en campaña

O PP xa está en campaña

21O. As eleccións autonómicas están á volta da esquina (por certo poderédelas seguir a través do especial Galicia Confidencial), e pola Costa da Morte xa imos notando algo. Pero polo de pronto só nos chegan imaxes do Partido Popular achegándose á veciñanza. E iso que en principio aínda non comezou a campaña propiamente dita, pero os actos públicos xa teñen un aroma a campaña total.

A comitiva do PP o venres no mercado de Fisterra

Así, a campaña a abría a carnotá Marisol Piñeiro, Candidata pola Costa da Morte, acompañada do coordinador da campaña, Álvarez Campana, no mercado de Fisterra o pasado venres. O alcalde José Manuel Traba, o Concelleiro de Cultura Santiago Insua e o Concelleiro de urbanismo Ramón Redonda estiveron ao seu lado falando cos veciños da vila do Cristo.
Xa era a segunda visita esta semana ao municipio fisterrán sendo a primeira delas a recente Gardería da Conselleira Beatriz Mato.

A última cita tiña lugar o pasado sábado na festa homenaxe aos xubilados do Concello de Cee. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, escoltada por Marisol Piñeiro e a alcaldesa Zaira Rodríguez, subíu ata o San Pedro Mártir, na Parroquia de Lobelos para charlar cos maiores, un dos sectores claves das votacións.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios