O PSdeG trasládalle á nova xerencia do hospital de Cee as demandas da veciñanza
07:15 30/11/17
Loli Toja e Margo Lamela mantiveron onte unha xuntanza cos novos xerentes do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
A nova xerencia do hospital Virxe da Xunqueira de Cee - renovada recentemente e coa doutora Carmen Otero á cabeza - mantivo onte un encontro coa deputada socialista da Costa da Morte - Loli Toja - e coa portavoz do PSdeG de Cee - Margot Lamela -. A iniciativa das socialistas tiña como fin presentarlles as demandas da veciñanza para o centro hospitalario e que serán defendidas na Cámara autonómica.
Loli Toja salientou a “sintonía” e o “resultado positivo” do encontro na defensa dunha infraestrutura “fundamental, un gran logro para a comarca, e que compre mimar e reforzar para que medre”. Toja e Lamela visitaron as obras da unidade de diálise, que de acordo coa xerencia podería comezar a funcionar na primavera, e trasladaron a necesidade de reforzar o servizo de cardioloxía e colonoscopia.
Tamén trasladaron a inquedanza pola falla de medios materiais, que previsiblemente serán dotados a finais de ano. Os socialistas galegos presentáronlle á xerencia unha batería de iniciativas parlamentarias reclamando estas e outras demandas para o Virxe da Xunqueira.
Así, reclaman ampliar o servizo de reanimación a tempo completo, incrementar o cadro de persoal e os postos de hemodiálise no servizo de nefroloxía, implantar un servizo de cardioloxía, ampliar o servizo de dixestivo, renovar os materiais obsoletos de quirófano, ou o mantemento e mellora da prestación de prácticas asistenciais en xinecoloxía.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: O PP comarcal asegura que a creación dos distritos sanitarios blinda a continuidade do hospital de Cee
- Setembro 2017: A nova lei de saúde asiganaralle un distrito sanitario ao hospital de Cee
- Xuño 2017: Amplian o servizo de diálese do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
- Maio 2017: Os Socialistas piden no Parlamento a ampliación do servizo de Hemodiálese do Hospital de Cee
- Abril 2017: O PSdG reclama que o goberno galego garanta as necesidades básicas no hospital de Cee.
- Marzo 2017: O PSdeG respóndelle ao Sergas sobre as deficiencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
- Marzo 2017: O PSdeG esixe que a Xunta tome medidas urxentes ante o desmantelamento do hospital de Cee
- Marzo 2017: A oposición pide explicacións sobre a concesión da cociña e a cafetería do HVdX
- Marzo 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- Marzo 2017: O PSdG denuncia a paralización do desmantelamento encuberto do Hospital de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- PSdeG Costa da Morte