O PSdG esixe a paralización do desmantelamento encuberto do Hospital de Cee
Despois da gran polémica xerada sobre a concesión da cociña e da cafetería destapada por QPC, non paran de caer os problemas sobre o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Xa en setembro do ano pasado o PSdG pedía medidas urxentes para mellorar o servizo de atención no centro hospitalario comarcal. E hoxe, en pleno marzo de 2017, a parlamentaria socialista Loli Toja e a voceira ceense Margot Lamela, anunciaban que van denunciar no Parlamento Galego o “desmantelamento encuberto do Hospital de Cee”.
Toja e Lamela anunciaron esta demanda parlamentaria tras varios meses sen resposta despois de que o pleno ao completo pedira acordos á Consellería de Sanidade. Sen resposta, nin investimentos para dar solución á situación sanitaria nas seguintes materias:
• Ampliación do servizo de reanimación a tempo completo • Aumento de persoal e posto de hemodiálise no servizo de nefroloxía. • Implantación do servizo de Cardioloxía. • Ampliación do servizo dixestivo • Renovación do material obsoleto de quirófano, principalmente mesas e lámpadas • Mantemento e mellora da prestación de prácticas asistenciales no servizo de xinecoloxía. • Fomentar a autonomía do hospital para a contratación de servizos externos, dando prioridade ás empresas da Comarca.En setembro, a voceira do PP, Zaira Rodríguez anunciaba que 3.- Na referida sesión plenaria, a portavoz do PP, Zaira Rodríguez, anuciou que a Xunta traballaba na amplicación do servizo de nefroloxía e mesmo que tiña preparado un investimento de 160.000 para melloras de mesas e lámpadas de quirófano. Melloras que aínda non se fixeron realidade, que repercuten nunha peor situación, provocando, por exemplo, que boa parte de doentes crónicos de ril teñen que ser atendidos na Coruña, ó non dispoñer de prazas no hospital de Cee.
O PSdG enumera a cantidade de elementos precarios cos que conviven no centro, como a precariedade no servizo de reanimación que implica que as intervencións quirúrxicas que necesitan máis dun día de reanimación son derivadas a outro hospital.
Dende o PSdG lembran tamén que “non hai nin teleconsulta, nin consulta de Cardioloxía. E, polo tanto, nin sequera pódense realizar probas médicas sinxelas como ecocardiogramas”. Denuncian que “só hai unha especialista en dixestivo” en todo o Hospital, e que “o atraso nas probas médicas (endoscopias, colonoscopias...) é preocupante”.
Ante esta situación a parlamentaria socialista, Loli Toja, esixirá ó goberno galego que “deteña o desmantelamento encuberto do Hospital de Cee e adopte as medidas necesarias para subsanar as deficiencias existentes no Hospital Virxen da Xunqueira de Cee”.
Novas relacionadas
- Marzo 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- Setembro 2016: Piden medidas urxentes e necesarias para o Hospital de Cee.
- Maio 2016: A Xunta e o goberno de Cee bótanse as culpas polo mal estado do Centro de Saúde.
- Piden unha Residencia Xeriátrica para Cee.
- Búscanse pediatras, de verdade, para Cee.
- Denuncia o estado de abandono do Centro de Saúde de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).