Martes. 16.04.2024
El tiempo

O PSOE esixe que dimitan os grupos do PP implicados na Operación Orquesta

O PSOE esixe que dimitan os grupos do PP implicados na Operación Orquesta

O PSDeG-PSOE provincial demanda ao presidente do PP coruñés, Carlos Negreira, "actuacións urxentes" cos alcaldes e concelleiros imputados na Operación Orquesta e, máis concretamente, a súa "exclusión das candidaturas electorais municipais de Fisterra e Mazaricos".

O secretario de Organización dos socialistas, Emilio Vázquez Blanco, cualifica de “extremadamente graves” os feitos revelados tras o levantamento do segredo sumarial da Operación Orquesta e "insta aos implicados a presentar a súa dimisión inmediata". Blanco esixe tamén a dimisión do independente Ramón Vigo (Cee).

Segundo o secretario provincial, os presuntos delitos de prevaricación, suborno e tráfico de influencias cos que están relacionados estes tres rexedores “deben supoñer o abandono inmediato do exercicio de cargo público”.

Nese sentido o PSOE lembra que os seus grupos xa tomaron decisións, como a do ceense que romperton o pacto de goberno con IxCee.

“Que non repitan en Galicia e na Coruña o que fan na Comunidade Valenciana”, sentencian os socialistas.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE comarcal.

Comentarios