Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PSdG pide ao goberno de Cee que “deixe de marear a perdiz” no asunto da piscina

O PSdG pide ao goberno de Cee que “deixe de marear a perdiz” no asunto da piscina
Un ano sen piscina municipal en Cee Os veciños da comarca levan un ano sen poder usar a piscina municipal de Cee

Onte “celebrábase” un ano dende o peche da Piscina Municipal de Cee. E xa coñecíamos novos atrancos para a súa reapertura, hoxe a portavoz municipal socialista Margot Lamela, quere esixir, unha vez máis, dilixencia nas accións para devolver un servizo tan importante para milleiros de veciños, así como permitir que 14 empregados volvan ao seu posto de traballo.

Lamela segue dicindo que “o atraso é inxustificado”, e se os traballadores pensan en como o Concello de Laracha solventou un problema semellante en 5 meses, o PSOE local apunta a un exemplo como o de Villafranca do Cid, en Castellón, onde veñen de aprobar a Xestión Interesada para xestionar a infraestrutura.

Cómpre lembrar que o pasado 22 de febreiro, a comisión informativa decidía esta clase de xestión, a pesar de que o PP quere Concesión, algo que segundo Lamela, tamén quere IxCee. “O PP e IxCee teñen maioría para decidir o tipo de xestión. E non é necesario solicitar informes para xustificar un cambio de criterio de voto en relación ao acordado en comisión informativa. Por iso solicito ao equipo de goberno que deixe de marear a perdiz, que decida a modalidade de xestión e asuma a responsabilidade que lle corresponda”, sinala con dureza Lamela en relación a un informe que asegura esperar o grupo de goberno por parte da Deputación.

Polo de pronto, a semana pasada chegaba un comentario por parte da entidade provincial desaconsellando a Xestión Interesada, pero Lamela asegura que “a solución á piscina de Cee non depende de tramitación algunha ante a Xunta de Galicia, nin ante a Diputación Provincial da Coruña, é competencia do Concello con técnicos cualificados”.
Nese sentido defende a Xestión Interesada, e ademais de dar o exemplo da vila castellonense (que solventou o asunto en 2 meses), lembra que o Consello de Ministros aprobou o Proxecto de Lei de Contratos do Sector Público (aínda non aprobado), que sinala que “ningún problema suscítase en relación coa tipificación da xestión interesada como contrato público de servizos, ao concibirse aquela como unha modalidade contractual que se caracteriza pola compartición do risco de explotación”.

Redactando pliegos ou esperando informes?

Durante o pasado pleno de 31 de marzo Lamela recordou unha entrevista nun medio na que o alcalde Ramón Vigo, respondía sobre o atraso na convocatoria do pleno para aprobar o tipo de xestión, que se estaba procedendo a redactar o pliego de condicións. Lamela preguntouse “como é posible que se encargase a redacción do pliego de condicións si non foi aprobada polo pleno o tipo de xestión?”. O alcalde tivo que rectificar dicinddo que non estaba encargado o pliego de condicións, que estaban pendentes dun informe da Diputación da Coruña sobre si é posible a xestión interesada, por aplicación das directivas europeas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios