Luns. 22.04.2019
El tiempo

O sentimento trasno de Teresa Candal chega a Stoupa polo Camiño dos Faros

O sentimento trasno de Teresa Candal chega a Stoupa polo Camiño dos Faros
Cadros do Camiño dos Faros de Teresa Candal en Stoupa Cadros do Camiño dos Faros de Teresa Candal en Stoupa

Arte e natureza fúndense na obra de Teresa Candal. Trasna máxima, esta amante do Camiño dos Faros leva as súas acuarelas ata finais de novembro á galería- tenda turística Stoupa, o meirande portal de talento da Costa da Morte.

”Sentimento trasno” é o nome desta colección de obras orixinais que a artista foi elaborando despois de rematar as etapas do produto turístico con máis potencial da Costa da Morte. Pero a mostra vai máis alá do turismo, pois fala de sentimentos sobre a Costa da Morte e do especal vínculo con Laxe.

A súa admiración polo pintor William Turner reflíctese en Sentimento trasno, onde o poder da cor se manifesta nas dez obras que Candal expón en Stoupa. Retratos orixinais en formato A3 e A4 nos que saen caras coñecidas coma a do escritor e actor Suso Lista ou a fareira de Cabo Vilán Cristina Férnandez entre outras facianas, todas elas de xente que percorreu o Camiño dos Faros da Costa da Morte. Os faros non son os protagonistas das súas obras, senon o fío condutor de todos os trasnos que aparecen pintados por Candal. Ademais en Stoupa tamén se poderán mercar marcapáxinas, postais ou láminas da artista que fixo en colaboración coa escritora malpicá, Marta Amado e nas que se evoca o sentimento por pertencer a Costa da Morte e a súa beleza. Sentimento Trasno poderá verse ata finais do mes de novembro, no novo horario de inverno de Stoupa, de martes a sábado de 12-14h e de 17-20h e a calquera día e hora con cita previa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/stoupa-cumpre-2-anos-mostrando-o-talento-da-costa-da-morte/

Comentarios