Venres. 19.04.2024
El tiempo

O teatro volve a Cee polo Nadal

O teatro volve a Cee polo Nadal
cartel-nadal16 Os máis miúdos serán os protagonistas da actividade cultural de Cee durante os vindeiros días con motivo da celebración do Nadal. Na mañá de onte, o concello deu a coñecer as actividades culturais que se desenvolverán nestas datas e que, na súa maioría, están orientadas a este público. A programación de Nadal arranco hoxe cunha sesión de contacontos para os alumnos de educación infantil e primaria dos centros escolares de Cee. Mañá xoves serán os alumnos da ESO os que acudirán á casa da Cultura ceense para disfrutar do teatro. contacontos-nadal-cee Tamén o sábado, 17 de decembro, os máis pequenos da vila poderán disfrutar dun Contacontos Solidario en dúas sesións diferenciadas por ideades: de 1 a 5 e de 4 a 8 anos. Nesta actividade, organizada pola concellería de Presidencia, Besnestar Social, Emprego e Igualdade, aprenderán tamén de solidariedade xa que a entrada do espectáculo será en forma de xoguete ou libro que será destinado para @s menores usuarios dos servizos sociais do concello de Cee. Xa de cheo nas vacacións, terá lugar a semana do Teatro Infantil no Nadal dende o 26 ata o 30 de decembro. O Nadal cultural rematará coa festa de benvida ás SS.MM. Reis Magos de Oriente o día 5 de xaneiro a partir das 17 horas. Actividades para adultos Dentro da programación do Nadal tamén hai actividades para o público adulto. Así, o sábado 17 de decembro, a casa da Cultura acolle o espectáculo “Menú da Fala” con Carlos Blanco e Luis Davila, unha simbiose entre narración e imaxe que homenaxea á lingua galega e coa que soñar e rir. As entradas son de balde pero hai que recoller invitación previamente nas taquillas. A música tamén ten o seu espacio dentro do Nadal Cultural de Cee. Por unha banda, co II concerto de Panxoliñas no Nadal coa coral Neria Costa da Morte e a participación da coral polifónica Padronesa que terá lugar o domingo, 18 de  decembro. Por otra banda, o martes 20 de decembro, será turno para o festival de Nadal dos alumnos da Escola de Música de Cee. Ademáis, o concello de Cee acollerá este venres a III Gala Correndo pola Costa da Morte, que será presentada polo xornalista Terio Carrera e na que, a ceense Susana Gómez Castiñeira, recollerá o testigo como madriña do circuito. presentacion-nadal-cee Carmen Diaz, Ramón Vigo e Víctor Castiñeira presentaron onte a programación do Nadal de Cee A programación presentouse onte pola mañá no salón de Plenos do concello nun acto no que estiveron presentes o alcalde - Ramón Vigo - a concelleira de Cultura e Deportes - Carmen Díaz - e o técnico municipal de Cultura - Víctor Castiñeira -. Fonte

Comentarios