Venres. 26.04.2024
El tiempo

O V Concurso de Murais sumérxese nos Fondos Mariños

O V Concurso de Murais sumérxese nos Fondos Mariños

O V Concurso de Murais Lar, xa toca ao seu fin. A entidade xa está de recollida dos murais realizados polos máis de 250 alumnos do 8 centros educativos participantes e das asociacións como Aspadex, Apem e Íntegro. De feito, os murais deste 2012 xa están expostos nas instalacións da empresa á entrada de Cee, onde os podedes visitar e valorar o inmenso traballo dos alumnos, que xa comprobamos cun vídeo do proceso de creación dun mural cos alumnos do IES Terra de Soneira.

Máis se cabe este ano pola gran complexidade de adaptación do bosquexo á realidade, debido á forma de vela do mesmo. I é que xa saben que este ano, o asunto temático sobre o que rolda este ano o certame son os Fondos Mariños, coa clara intención de sensibilizar aos mozos co mar e a súa fonte de riqueza.

Entrega de premios

Así, este venres 8 de xuño ás 10.30h comezase a entrega de premios deste concurso nas instalacións. Quédalle pois ao xurado unha labor moi complicada por diante xa que todos os traballos están moi ben executados e rematados.

Estaremos atentos pois aos resultados.

Obras presentadas

InstitutosTítulo da obra
CEIP Manuela Rial Mouzo de CeeOndas de Memoria
IES Fernando Blanco de CeeNon Contamines o Mar
IES Maximino Romero de Lema de BaioVeu visitarme o mar
IES Agra de Raíces de CeeAnacos de Mar
IES A Picota de MazaricosPoema Submariño
CEIP Cabo da Area de LaxeOs misterios do mar
IES Terra de Soneira de VimianzoNo Fondo do Mar
IES Monteneme de CarballoFondos Mariños
ApemLendes de serea
AspadexHai unha nova especie no mar
ÍntegroFondos mariños

Novas relacionadas

Máis novas

  • II Concurso de Murais 2008: O certame de murais de azulexo deixa premios a catro dos sete participantes.
  • II Concurso de Murais 2008: O concurso benéfico máis internacional.
  • Fonte

    Comentarios