Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Operación Orquesta, visto para sentenza tras 6 horas de xuízo oral

Implicados na Operacion Orquesta na Audiencia Provincial tras ser visto para sentenza
Implicados na Operación Orquesta na Audiencia Provincial tras ser visto para sentenza
A Operación Orquesta, visto para sentenza tras 6 horas de xuízo oral

Apenas 6 horas de xuízo oral bastaron para dilucidar 8 anos de instrución. A xuíza da Audiencia Provincial vén de deixar o caso da #OperaciónOrquesta visto para sentenza. E fíxoo despois dunha estrana sesión na que moitos calificaron de “ridícula” a actuación da Fiscalía.

Unha Fiscalía que xa foi responsable da nulidade das “Escoitas” por non ter presentado toda a documentación necesaria, de xeito que quedaban sen validez as probas máis potentes da instrución. E que volveu demostrar unha clara falta de preparación ao non preparar correctamente a citación das testemuñas.

Pode que nos próximos días se dea a coñecer xa a sentenza definitiva da Operación Orquesta, que posiblemente pase á historia como un dos meirandes “esperpentos xudiciais de Galicia”, segundo fontes cercanas ao caso, tendo en conta a cantidade de recursos e tempo que se leva investido.

Máis de 20 testemuñas, a casa

A comezaba de xeito circense, cando unha das máis de 20 testemuñas citadas acodía á Sala nº2 e se sentaba para recibir as preguntas da Fiscal. Pronto os letrados da defensa comezaron a pedir a paralización do interrogatorio aludindo que as preguntas estaban sendo baseadas nas escoitas. A xuíza paralizou o interrogatorio, pediu un receso, tralo cal enviou a resto de testemuñas a casa.

De contado, os avogados defensores foron facendo os seus relatos finais desmontando tanto a actual da Fiscal como, paso a paso, todos os “erros” da instrución.

Agora, veremos cando chega a sentenza, da que moitos esperan que sexa unha “absolución cantada”.

Repaso completo á Operación Orquesta

As ESCOITAS da Operación Orquesta

Comentarios