Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza

Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza

Os tres novos detidos no marco da "Operación Orquesta", desta volta, implicados por tráfico de drogas, saían tras declarar do Xulgado de Corcubión arredor das 18:00h deste martes 1 de marzo de 2011. O empresario corcubionés Jorge López Lago, o empregado municipal de Cee e membro da directiva de IxCee David Rey Pequeño, saíron en liberdade tras pagar 3.000€ de fianza. Pola súa parte, José Manuel Pereira, veciño de Carballo, abonou unha fianza de 1.500€.

Deste xeito, a Operación abre o abano. Así ademais das posibles corrucións por comisións ilegais, os novos detidos (incluído a segunda detención do empresario corcubionés) o é por suposto delito de tráfico de drogas.

Jorge López Lago e David Rey acolléronse ao dereito de non declarar, se ben o segundo si respondeu a certas preguntas do maxistrado. Pereira si declarou ante o xuíz.

Ademais, e segundo informan dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as escoitas telefónicas están sendo claves no devir da operación.

Xa son 11 os implicados na trama. E parece que poden ser máis.

Máis información

Artigos relacionados

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios