Luns. 01.06.2020
El tiempo

Os [email protected] do Eugenio, solidarios con Costa de Marfil

Os [email protected] do Eugenio, solidarios con Costa de Marfil
Os nenos do Eugenio facendo entrega do recadado ao Pai Desire Os nenos do Eugenio facendo entrega do recadado ao Pai Desire

Completa o ciclo a ONG Egueire dos seus proxectos. Desta volta segue traballando no proxecto da escola agrícola para Costa de Marfil, para a que tamén se formaron na bisbarra dous estudantes marfileños. Pero ademais de coñecemento fan falta cartos, e diso se encargaron os pequenos do ciclo de Infantil do CEIP Eugenio López, que organizou un mercadillo solidario a primeiros de xuño.

Un mercadillo que vendiu botes da calma, pulseiras, pinzas, kits de prantas, lapiceiros, xogos ... e demais cousas feitas na sua totalidade polos rapaces o longo de todo o presente curso, e postos a venda para os demais alumnos do colexio e os pais e nais dos mesmos.

O mercadillo leva xa 3 cursos en marcha e nel non existen prezos senón que son os propios compradores os que deixan o que ven convinte.

E despois de facer contas, o pasado xoves 14 de xuño, os alumnos facía entrega do 800€ recadados ao presidente de Egueire ONG, Padre Desire.

A satisfaccion da entidade é análoga a do centro, que se mostra moi satisfeito porque serve ademais para que os alumnos coñezan Costa de Marfil e a realidade do país africano.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cesar-e-joseph-diplomados-de-producion-agriopecuaria-no-efa-fonteboa-para-desenvolver-costa-de-marfil/  

Fonte

comentarios