Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os bombeiros da Costa da Morte tamén saen á rúa en folga

Os bombeiros da Costa da Morte tamén saen á rúa en folga
Bombeiros da Costa da Morte en folga

Outra loita que chega ás rúas. Aí están acampados xa os bombeiros do Parque da Costa da Morte, ás portas do parque situado en Pereiriña, ao carón da Cristalería Agulleiro. Polo de pronto son 17, todos os que traballan no parque costeiro, pero ao longo do día seguro que terán a visita de ducias de compañeiros de toda a provincia.

Como nos conta un dos bombeiros, Jesús, esta acampada diante do parque serve para "pedir un convenio igualitario aos de outros parques e que non nos permitan saír a unha intervención sen ter asegurado que ocorre de verdade". Jesús recoñece que "levamos bastante tempo queimados, máis de 7 anos así, e rebentamos agora como puidemos telo feito hai tempo".

Así, hoxe e mañá estarán en folga para pedir máis flexibilidade horaria e sobre todo, liberdade á hora de traballar. I é que Jesús cóntanos algo tan tremendo como esto: "Sempre nos poñen pegas para axudar os demais. Antes de saír a unha intervención os superiores sempre nos obrigan a confirmar a emerxencia, sempre coa idea de que hai que aforrar. Ademais, á hora de manter os equipos en bo estado, "sempre nos andan dicindo que non encendamos o camión, que non usemos os equipos aínda que sexa por mantemento".

Un Convenio máis xusto

Os Bombeiros do Parque da Costa da Morte son persoal subrogado do Consorcio Provincial de Bombeiros, que está xestionado pola empresa Natutecnia, concesionaria do control de varios parques. "Dentro do Consorcio contraincendios hai máis empresas, cun convenio máis xusto, e precisamente iso é o que pedimos, unha condicións semellantes".

Por exemplo, "estamos en folga, temos unhas gardas firmadas menos os reforzos e desquítannos entre 180 e 250€ por un día de folga, eso é unha medida de presión que nos fan", explica Jesús. Ademais, sobre a flexibilidade horaria "agora se estou enfermo non me permiten manter a garda e así gañamos a empresa e nós".

Obriga de aforro

Os datos son claros: "Este ano levamos 53 intervecións, pero poderíamos ter feito máis saídas se non fose porque nos obrigan a confirmar cada emerxencia, ás veces ata que xa é tarde para saír. Apenas houbo un gasto 3.000€ de combustible nun ano, cando estes camións poden gastar 50 l/100km, polo que se ve que as saídas son moito poucas e a marxe de aforro nunha concesión de 700.000€ é mínima.

Estarán pendentes os bombeiros da Costa da Morte á nova concesión que se realizará en 2014.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios