Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros de Cee sufocan tres incendios en 4 horas

Os Bombeiros de Cee sufocan tres incendios en 4 horas
Incendio dun coche en Corveiro-Fisterra Incendio dun coche en Corveiro

Noite de traballo a do pasado xoves para os Bombeiros de Cee. De 21:00h a 1:00h da madrugada non pararon un segundo, tendo que acodir a sufocar ata 3 incendios de diversa índole.

Comezou a xornada arredor das 21:00h cun incendio nunha vivenda en Fadibón de arriba, Brens (Cee). A Policía Local avisaba de que había un incendio preto das vivendas. Tratábase dunha queima de mobles de madeira que non quedara ben apagada e volveu prender alarmando os veciños. Os Bombeiros puideron apagar o lume con dilixencia e enfriaron a zona.

De seguindo, eran as 22:30h e e xa tiveron que saír correndo cara o Paseo marítimo de Corveiro, Fisterra, onde se producira o incendio coche no acceso a praia de Corveiro, no final do paseo marítimo. Tratábase de un coche que caera pola escaleiras de acceso a praia e prendera lume o cal tamén afectou a unha pequena zona de monte. Procederon con rapidez e ás 0:00h solventaran a solución, sen tempo para saír cara Muxía.

Pero eran as 0:10 cando o 112 avisaba dun incendio dunha nave en Morpeguite. Ardía o serradoiro de Morpeguite, pero non sabían se era dentro ou fóra das naves. Ao chegaren, s Bombeiros comprobaron que o que estaba a arder eran restos de madeira e vexetación nunha zona do recinto preto da estrada, polo que o lume non foi a máis gracias á súa intervención.

Incendio no arresadoiro de Morpeguite Incendio no serradoiro de Morpeguite

Outras novas

Incendios nos últimos dous meses

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios