Mércores. 24.04.2019
El tiempo

Os certames escolares culturais da Biblioteca Francisco Mayán alcanzan os 7.000 traballos presentados

Os certames escolares culturais da Biblioteca Francisco Mayán alcanzan os 7.000 traballos presentados
Marcapaxinas ganador do certame de Cee en 2007 Marca-páxinas gañador do certame de Cee en 2007 Tremenda a participación nos certames da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, a pesar dos asuntos burocráticos que houbo que incluír este curso. Gran calidade nos xa míticos concursos de “Achegamento ao libro”, “Na procura do noso Cómic” e “En busca do noso Marcapáxinas”, e o xurado tivo que dirimir moito para escoller aos premiados. Uns Concursos que teñen como obxectivos fundamentais, fomentar a creación literaria, promocionar a lectura e facilitarlle aos nenos da nosa Comarca canles de expresión creativa na nosa lingua, para desta maneira contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude. O número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2017 foron un total de 371 traballos. No XXVI Concurso Literario de achegamento ao libro participaron 37 rapaces de 1º e 2ª, 26 de 3º e 4º e 112 de 5º e 6º. No certame “Na procura do noso VI Cómic” presentáronse 22 propostas, polas 174 ao XIII Concurso “En busca do noso Marca-Páxinas”. E tomen nota, porque nos 26 anos de vida (1992-2017) destes certames contabilízanse a día de hoxe un total de 6.972 traballos presentados.

Gañadores

En todo caso, xa temos gañadores e este martes 16 de maio ás 18.00 horas terá lugar a entrega dos premios na Sala de Conferencias (3º andar – planta da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”) da Casa da Cultura do Concello de Cee.

XXVI Concurso literario de ACHEGAMENTO AO LIBRO

  • A obra gañadora do 1º e 2º Curso de Primaria foi: “O don de Mariña” de Martín García Alves, do C.E.I.P A Igrexa – Brens. Recibindo accésits as obras: - “O libro de aventuras esquecido” de Lucía Caamaño Cespón, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. - “O mundo das letras” de Mateo Trillo Piñeiro, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. - “De primeiro sopa de letras” de Sheila Eirín Moledo, do C.E.I.P. Virxe da Barca de Muxia. - “Adrián e o laberinto” de Irene Gónzalez Marcote, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
 
  •      A obra gañadora do 3º e 4º Curso de Primaria foi: “Un libro extravagante” de David Santabaya Paz, do Colexio “Eugenio López” de Cee. Recibindo accésits as obras: - “O carnet de Breogán” de Mateo Alves Estévez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. - “ABC-DARIO” de Marta Andrade Fandiño, do C.E.I.P. de Vilarmide- Eduardo Noya  de Muxia.
 
  • A  obra gañadora do 5º e 6º Curso  de Primaria foi: “A árbore triste” de Lucía Pose García, do C.E.I.P. de Vilarmide- Eduardo Noya de Muxía. Recibindo accésits as obras: - “A aventura de Xoán” de Carla Martínez Castreje, do Colexio “Eugenio López” de Cee. - “O mellor invento do mundo” de Diego Soto Riera, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

 

CONCURSO “NA PROCURA DO NOSO VI CÓMIC”.

  • A obra gañadora foi: “O pato lector” de Carla Martínez Castreje, do Colexio “Eugenio López” de Cee. Recibindo accésits as obras: - “Cen por cen” de Marina Calo Bujeiro, do Colexio “Eugenio López” de Cee. - “Ler é soñar…unha aventura” de Andrea López Lago, do Colexio “Eugenio López” de Cee.

XIII CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS”.

  • obra gañadora foi: “Un neno que le será un adulto que pensa” de Rubén Caamaño Velo, do Colexio “Eugenio López” de Cee. Recibindo accésits as obras: - “Descubre o universo lendo”, de Laura Castiñeira Bustamante, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. - “Fonte de sabiduría” de Camilo Pablo Rodríguez Espasandín, do C.E.I.P. de Vilarmide – Eduardo Noya de Muxia. - “Enchoupate. Farache ben” de Iker Rodríguez Blanco, do C.E.I.P. de Vilarmide – Eduardo Noya de Muxia..
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios