Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os cogumelos volven ser os protagonistas coas XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Os cogumelos volven ser os protagonistas coas XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Volven as chuvias de outono e con elas, os cogumelos fanse protagonistas. Así o comprobamos coas IV Xornadas Micolóxicas do EFA Fonteboa que terán lugar esta fin de semana en Coristanco, ou tamén coa nova campaña Á Procura do Cogumelo de Meigalicia, que achega aos montes e casas rurais da nosa bisbarra a ducias de turistas.

Pero hoxe podemos presentar xa a grande referencia en materia micolóxica da Costa da Morte, as XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que se desenvolverán dende Cee os sábado 5 e domingo 6 de novembro de 2011. Unhas Xornadas que están convertindo a afección polos cogumelos nunha verdadeira tradición.
Da man da Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo, as sesións servirán, entre outras cousas, para presentar o novo libro "500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular", desenvolto polos especialistas costeiros M. Pose e Chemi Traba, e colaborador desta casa José Manuel Castro Marcote. Libro que precisamente será presentado este mesmo xoves ás 19:30h na Librería Ler de Cee, e alí estará o propio Marcote asinando exemplares.

Pero son máis as actividades do programa, que inclúe a espectacular exposición con máis de 200 especies da zona, así como a cea da entidade, que se celebrará no Restaurante Praia de Quenxe de Corcubión, o vindeiro sábado 19 de novembro de 2011.

Programa de actividades das XI Xornadas Micolóxicas Costa da Morte 2011

A apertura da exposición será o sábado 5 de novembro na Escola de Música de Cee. A primeira saída será guiada por Manuel Pose Carracedo a partir das 13:00h e servirá para que todo o mundo poida dar un paseo pola zona e descubrir in situ, e da man de especialistas, algúns dos cogumelos comestibles e outras rarezas.
A partir das 18:00h José María Costa Lago dará a primeira conferencia baixo o lema "Introdución á Etnomicoloxía". Será o propio José Manuel Castro Marcote o que colla o relevo e fale, dun xeito máis específico, do Xénero Amanita.

O programa dominical comezará do mesmo xeito, pero a visita guiada do mediodía será da man do fisterrán Chemi Traba Velay.
Pola tarde, o alcalde de Corcubión Francisco Javier Lema Fuentes, Chisco, falará da "Natureza da Costa da Morte" a partir das 18:00h, demostrando o seu amor actual pola virxinidade da bisbarra. De feito, segue facendo saídas con outro colaborador desta casa, Francisco Santiago López, para cazar, co obxectivo da cámara de vídeo, lobos ou outros animais salvaxes.

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Máis novas

Fonte

Comentarios