Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os edís de ANC deixan o goberno de Cee

Os edís de ANC deixan o goberno de Cee
Os-edis-de-ANC-presentaron-a-sua-renuncia-ao-goberno-de-Cee

Pasou algo máis de ano e medio dende aquela moción de censura en clave de circo. Ano e medio de Goberno de coalición entre o PP e os concelleiros de ACN, expulsados do BNG por pactar co grupo popular. Ano e medio no que parecía que as cousas podían marchar en sintonía, pero que moitos avisaban que non acabaría ben.

Esta mañá de mércores 6 de novembro de 2013, os 3 membros da Asemblea Nacionalista de Cee, Daniel Oca, Santos Gríño e Pepa Fandiño, presentaron a súa renuncia a seguir formando parte do goberno, anulando así o acordo asinado no seu día que convertía a Zaira Rodríguez como primeira alcaldesa da historia do Concello de Cee.

Oca explicou os motivos que levan ao grupo a tomar esta complicada decisión, que deixa un goberno en minoría, cos 4 concelleiros do PP, fronte aos 5 de IxCee, 3 da por agora ANC, e 1 do PSOE.

Oca argumentou a "sistemática falta de cumplimento do acordo asinado por parte do PP" para deixar o goberno. "Tiñamos un pacto, cun acordo asinado, e unhas áreas de responsabilidade claramente definidas. Pero non se cumpliu por parte do PP".

Oca expliclou que o seu grupo o "noso Plan de Futuro para o pobo de Cee é incompatible coas políticas de austeridade do PP", e criticou a "eterna incongruencia entre o PP e as administracións que goberna". De paso, criticou a Reforma da Administración Local do PP no canto de reformar as Deputacións, e valorou que "a día de hoxe, nos Concellos case goberna máis Montoro que os que escollen os veciños como representantes".

"O acordo asinouse conforme á confianza mutua entre grupos, e en función do respecto do traballo en función das áreas. O que non pode ser é que invada as nosas áreas sen sequera comentalo". "Nós pactamos para gobernar co PP, non para o PP", matizou.

Aproveitou para facer unha longa lista de propostas que teñen presentado no Concello, e para criticar que "ao final na foto sae o camareiro, pero non o cociñeiro", en alusión a que en moitas ocasión foi o seu grupo o que xestionou e conseguiu unha obra e ao remate as medallas só son para a alcaldesa.

E sobre a gobernabilidade do Concello unha vez que o PP queda en minoría? "As propostas sensatas, sairán saíndo adiante co noso apoio. Pero só as sensatas", indicou.

"Daquela, por que a moción?"

Preguntaranse moitos veciños que estes argumentos pode que xa se souberan antes de facela moción. Para Oca, aquelo foi unha "medida de urxencia, de necesidade, tomada par evitar que os corruptos seguisen dominando o que lle pertence aos veciños". Ademais, afirma que os termos cambiaron, e que se ben houbo tempo de respecto mutuo no goberno, este se perdeu. "Agravouse a situación co PP", afirma.

O Futuro de ACN

Oca explicou que os 3 edís agora baixo as siglas de ACN, poderán pasar a formar parte dalgunha das forzas nacionalistas de cara ás vindeiras eleccións municipais. "Nós somos nacionalistas e da esquerda progresista. Somos partidarios dunha unidade de acción do nacionalismo galego, que non implica unha unidade organizativa. Así que pode que no futuro fagamos acordos con algún grupo", que podería ser CxG.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios