Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee

Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee
Emigrantes-retornados-manifestandose-as-portas-da-Axencia-Tributaria-de-Cee

Onte falabamos das moitas leias que nos sacan ás rúas nestes tempos de loita. E hoxe coñecemos unha nova batalla que chega ás nosas rúas. A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados realizou unha manifestación para esta mañá de martes 29 de outubro diante da Axencia Tributaria (Facenda) de Cee.

Arredor de medio centenar de pensionistas retornados se prantaron diante de Facenda para protestar polo que consideran incomprensible. "Que vaian pedirlle aos cartos aos ladróns de guante blanco, que nós non roubamos nunca", aseguraban os presentes, que dende logo non se consideran defraudadores.

I é que este asunto afecta moito ao perfil de veciño da Costa da Morte, que pasou ducias de anos no estranxeiro facendo patrimonio, e tras volver se atopa coa sorpresa de que a Axencia Tributaria esixe o pagamento atrasado de xuros que non se imaxinaban.

É curioso e para moitos indignante o proceso emprendido dende a Axencia Tributaria contra os Emigrantes Retornados, que perciben parte da súa pensión de Países Estranxeiros. En esencia, logo de anos e décadas de vir recibindo pensións dende os Países nos que estiveron traballando, sen que esas rendas figurasen como ingresos a tributar, agora Facenda esixe o pagamento atrasado (2008/2012) do imposto sobre a renda correspondente, incrementado con xuros de demora e máis sancións.

Non é que non estean dispostos a pagar os seus impostos, o caso é que nunca, ata agora, lles dixeron que tiñan que tributar por esas pensións. Eles propoñen facilitar a regularización da situación do período 2008/2012, sen fixar para as persoas que se atopen nesta situación nin recargo, nin intereses de demora.

Así, solicitan que se inicie unha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras, anulando o requirimentos relativos aos exercicios comprendidos entre os anos 2008/2012. E piden tamén a revisión dos convenio marco con outros Países, para evitar que situacións deste tipo, poidan volverse a producir, e tamén, unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios