Sábado. 08.08.2020
El tiempo

Os escolares costeiros si se volcan cos Refuxiados

Os escolares costeiros si se volcan cos Refuxiados
Video sobre refuxiados de escolares da Costa da Morte Comeza a deportación de refuxiados e por Europa seguimos case que cos brazos cruzados. Permitimos que Turquía, un país con serios problemas para respectar os dereitos humanos, sexa o destino de milleiros de refuxiados sirios, mentres Europa se compromete a recibir 1 de cada 100 que acolla Turquía. Ese compromiso por agora non se traduce en absolutamente nada, pois apenas son, a día de hoxe, 18 os sirios que puideron chegar ata o noso país. Europa, ese ente sobre o que non decidimos nada pero que o decide todo sobre nós, toma estas decisións ás costas da cidadanía, como o demostran concentracións como a vivida hai semanas en Corcubión, a recollida de material en Lires e Mazaricos, ou a cea solidaria organizada pola SD Sofán. Outro bo exemplo do pensamento social sobre esta crise humanitaria dánnola estes días os alumnos de varios centros escolares da Costa da Morte (Fisterra, Vilarmide, Esteiro e Cee). Veñen de de realizar este vídeo para lembrar os dereitos das persoas refuxiadas e para concienciar á veciñanza. Gran traballo de toda a comunidade educativa dos CEIP Ricardo Tobío (Esteiro), Mar de Fóra (Fisterra), Vilarmide (Muxía) e Eugenio López (Cee).

Novas relacionadas

Fonte

comentarios