Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os fortes refachos de vento tiran cunha árbore na Pereiriña

Os fortes refachos de vento tiran cunha árbore na Pereiriña
Árbore caída polo forte vento no Restaurante O Cruceiro da Pereiriña polo vento-Foto-Laura Canosa Árbore caída polo forte vento no Restaurante O Cruceiro da Pereiriña polo vento-Foto-Laura Canosa

Durante esta xornada de xoves estamos en Alerta laranxa no litoral costeiro por fortes refachos de ventos. En Lira xa se rexistraron hoxe refachos de 102Km/h, polos 85 de Fisterra ou Malpica. Pero onde xa os sufriron, materialmente, é na Pereiriña, en Cee.

Eran as 9:00h cando unha árbore caía polo vento. A árbore do xardín do restaurante O Cruceiro, caera sobre o tendido eléctrico e que cortaba a estradaque vai de Pereiriña a Lobelos.
Tiveron que chegar os Bombeiros de Cee, que procederon a cortar cunha motoserra, primeiro as ramas e despois o tronco ata liberalo completamente dos cables e despexar a estrada.

Por certo, que os Bombeiros foron chamados por un participar unha vez que o CAE112 estaba saturado e non contestaba ninguén, dando conta que está tendo o servizo despois do traslado das oficinas xerais á Estrada.

Bombeiros de Cee cortando as ramas da arbore na Pereirina-Foto-Laura canosa Bombeiros de Cee cortando as ramas da arbore na Pereiriña-Foto-Laura canosa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios