Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os habitantes da Costa da Morte reciclan unha media de 21,6 quilos de vidro ao ano

Os habitantes da Costa da Morte reciclan unha media de 21,6 quilos de vidro ao ano
Corcubión (39,9) e Fisterra (33,5) están entre os concellos da provincia da Coruña que supera a taxa de recollida de vidro por habitante que se sitúa en 19,5 quilos ao ano. No conxunto da provincia, o ano pasado recicláronse máis de 18.633 quilos de vidro, superando por primeira vez as 18 toneladas. No ano 2015 recolléranse 17.960 quilos, o que supón un incremento do 2,56%. Na provincia hai 5.999 colectores verdes de envases de vidro, 88 máis que en 2015, segundo os patos feitos públicos pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático - María Cruz Ferreira Costa - e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio - Germán Fernández - durante unha rolda de prensa na que ofreceron cifras de reciclaxe deste material en toda Galicia. En canto ao conxunto de concellos da Costa da Morte, no 2016 recicláronse uns 2.440 quilos de vidro, superando á cifra do 2015 (2.279,43 quilos). A media por habitante sitúase nos 21,6 quilos, unha cifra superior á do conxunto da provincia.  Os habitantes do concello de Vimianzo son os que menos vidro reciclan, situándose nunha media de 11,6 quilos por habitante. Ecovidrio é unha entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 1997 que ten como finalidade xestionar o reciclado de todos os residuos de envases de vidro en España. Así, os envases baleiros de vidro xerados en na comunidade autónoma e depositados polos galegos nos colectores verdes distribuídos por todo o territorio son recollidos selectivamente e xestionados por Ecovidrio para a súa posterior reciclaxe. Na actualidade todos os concellos de Galicia están adheridos ao convenio marco asinado entre a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecovidrio no ano 2013, por medio do cal se organizan e regulan as compensacións que, no seu caso, poden percibir as entidades locais pola súa participación na recollida selectiva destes residuos.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio,

Comentarios