Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os marca-páxinas de Cee xa circulan polos libros dos escolares da comarca

Os marca-páxinas de Cee xa circulan polos libros dos escolares da comarca

Un ano máis, e xa van catorce, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee está a facer o reparto, polos diferentes centros de ensino e centros sociais, do marca-páxinas gañador do XIV Concurso “En busca do noso marca-páxinas”.

Este ano, o xurado escollía o primeiro premio aló por maio, que non era outra que a obra realizada por Hugo Roget Domínguez e que leva por título “Cee le”. Do marca-páxinas gañador (figurando no reverso o calendario do vindeiro ano) faise unha tirada de 3.000, a cal é patrocinada pola Imprenta Paco de Cee, colaboración que mantén dende a terceira edición do Concurso “En busca do noso Marca-páxinas”.

A entrega deste pequeno agasallo se fai para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos convocados pola Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, mostrando o traballo gañador e lembrando co calendario que no próximo ano teñen unha cita coa Biblioteca e os seus concursos, e todos os días do ano cos seus libros.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-biblioteca-de-cee-xa-ten-ganadores-dos-seus-certames-literarios/

Comentarios