Venres. 18.10.2019
El tiempo

Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura

Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura
  • - [Última hora - 01/04 - 09:00h] - Un novo imputado pola Op. Orquestra en Cee.
    Trátase de J. C. Leis Caruncho, arquitecto da Casa de Cultura e que foi convocado a declarar acompañado de abogado.
    Segundo infrma Radio Nordés - Cadena Ser O secretario de Fisterra e o Arquitecto municipal acolléronse ao seu dereito a non declarar.
Estes días pasan declaración na Comisaría da Policía Nacional de Lonzas, na Coruña, os 11 novos implicados na “Operación Orquesta”, relacionados a través de varias escoitas telefónicas e dos rexistros realizados nos Concellos. Onte pasaban declaración 3 funcionarios do Concello de Cee (Secretaria, unha administrativa e a Xefa de Gabinete) e un Policía Local do mesmo concello. Os catro negaron nos interrogatorios calquera clase de responsabilidade. A Secretaria, acusada de participar en contratacións irregulares na adxudicación de obras, concretamente a Ogando, asegurou que "carece de capacidade de decisión", que "descoñece se houbo irregularidades" pero recoñeceu que "había interese" en que a empresa fose a adxudicataria. As preguntas á Xefa de Gabinete ían más enfocadas á contratación de festas da Xunqueira, unha vez que os rexistros no Concello ceense sacaron varias facturas manuscritas de grandes cifras. Pola súa banda, o Policía Local foi interrogado tras atopar unhas multas no caixón do despacho do alcalde. Así e todo, os 4 foron acusados dalgún delito polo xuíz. "Tráfico de influencias" á secretaria e administrativa; "prevaricación" ao Policía Local e "malversación de fondos" á Xefa de Gabinete.

Reaccións no goberno ceense

A situación deixa nunha posición inestable ao PSOE ceense, que goberna en coalición con IxCee. Se ben a dirección do PSOE local non fan declaracións dende aquel "Ánimo Ramón" do primeiro día de Operación, o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, esixía publicamente unha "una explicación pública" por parte do alcalde Ramón Vigo.

Máis declaracións

Os 4 novos imputados terán que pasar o vindeiro 14 de abril polo Xulgado de Corcubión, a partir das 16:30h. Ademais, agárdase que ao longo do día de hoxe pasen pola Comisaría de Lonzas o arquitecto municipal de Fisterra, Manuel Carro, e máis o secretario, José Ramón Lema. A sesión contiuará mañá co tentiente alcalde de Mazaricos, o arquitecto municipal e un empresario da construción da zona.

Ataque á Radio Nordés

Sorprendidos quedaron na tarde de onte os traballadores da emisora Radio Nordés - Cadena Ser, cando 2 membros da Policía Local, "a instancias dos seus superiores", se achegaban aos estudios para pedir á Licencia de Apertura e de Actividade. Non sería nada anormal se non fose porque xa van 8 anos dende que a entidade abríu as súas portas na vila da Xunqueira.

Máis información

Nova relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios