Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os pensionistas volven á rúa este domingo 15

Os pensionistas volven á rúa este domingo 15
Os xubilados e xubiladas volven a dar un paso adiante na defensa dunhas pensións dignas. Convocados pola CIG, sairán de novo á rúa o próximo domingo, 15 de abril, con concentracións en varias vilas entre as cales está a de Cee. A cita, é as 12 horas diante do Concello e dende alí farán forza para exisir unhas pensións dignas tal e como o fixeron o pasado 15 de marzo. "A CIG vai desenvolver unha xornada nacional de mobilizacións o domingo 15 de abril, en defensa do sistema público de pensións, pola recuperación dos dereitos roubados e para reivindicar emprego e salarios dignos, como única garantía de termos unhas pensións dignas. Nese día, a central convocará mobilizacións simultáneas nas sete cidades e en múltiples vilas do país co obxectivo de descentralizar as protestas e visibilizar o amplo rexeitamento social ás políticas dos gobernos do PP", sinalan dende o sindicato.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios