Martes. 16.04.2024
El tiempo

Os pequenos de Cee reciben o preescolar na casa

Os pequenos de Cee reciben o preescolar na casa

Doble nota da Delegación de Presidencia, Benestar e Igualdade e emprego do Concello de Cee. Por unha banda anuncia a excursión para o vindeiro 12 de febreiro co motivo do entroido, pensada sobre todo para os maiores.

E pola outra avísanos dun asunto importante, dada a carencia de prazas de gardería no Concello. Así o Concello convoca aos pais do concello a unha reunión para presentar o Programa Preescolar na Casa, no que ven colaborando dende hai anos

A reunión será o vindeiro martes 31 de xaneiro na Aula de Laboratorio do IES Agra Raíces, a partir das 17:00h. Alí información de que se trata dun servizo educativo e de balde, dirixido aos pais e nais con nen@s de idades comprendidades entre os 0 e 3 anos.

PnaC pon á disposicións das familias unha sere de medios: reunións, orientacións quincenais, materiais escritos, servizo de lectura, revista... Ofrece información e asesoramento para os pais como poden ser os hábitos de sono, a psicomotricidade, as rabechas, a alimentación...

Poden solicitar máis información no 615 605 675 (Rocío).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios