Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Reis Magos xa chegaron á Costa da Morte

Os Reis Magos xa chegaron á Costa da Morte
Hoxe é un día dos máis esperados do ano polos máis pequenos da casa. Por iso, varias organizacións da Costa da Morte programaron para hoxe a visita dos Reis Magos co fin de que os nenos das numerosas vilas da bisbarra os poidan ver de cerca e, incluso, falar con eles. Vimianzo A visita real comeza no Concello de Vimianzo. Ao longo da mañá, os tres magos de Oriente percorrerán as parroquias de todo o municipio e, xa pola tarde, recibirán ós rapaces na Casa da Cultura vimiancesa. Éste é o seu programa: - Salto: 11 horas no salón parroquial - Bamiro: 11.20 horas na escola - Tines: 11.40 horas na escola - Serramo: 12.10 horas na escola - Baíñas: 12.25 horas no pavillón - Treos: 13.10 horas na escola - Castrelo: 15.30 horas na escola - Berdoias: 16 horas na escola - Carnés: 16.30 horas no centro cultural - Cereixo: 17 horas na escola - Carantoña: 17.30 horas na escola - Calo: 18 horas na escola de PASARELA - Vimianzo: 19 horas visita ao xeriátrico 19.30 horas visita centro de día e vivenda comunitaria 20 horas Recepción na Casa da Cultura Malpica Por aquí tamén teñen todo preparado grazas á reunión que mantiveron epresentantes do Concello de Malpica con outras entidades da vila co fin de que a cabalgata dos Reis Magos percorrese todas as parroquias. Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 17 horas do bar O Forno de Buño. Ás 18:30 horas chegarán ao local sociocultural de Cambre e ás 20 horas será a recepción no porto de Malpica. A cabalgata percorrerá as parroquias seguindo o itinerario do autobús escolar de primaria. Os Reis Magos, tamén visitarán Leiloio. A recepción será ás 18 hotas na Feira Nova. Rematarán o día en Seaia, onde entregarán os agasallos polas casas a partires das 21 horas. Mañá, 6 de xaneiro, a comitiva real continuará por terras malpicás. Ás 10 horas estará na igrexa de Mens e logo iniciará unha ruta pola parroquia de Seaia e chegarán á saída da misa en Santirso. A Pontella chegarán ás 12 horas e a Beo, ás 12.30horas; sempre seguindo o itinerario do transporte escolar. En Cerqueda tamén farán un percorrido por toda a parroquia ao longo da mañá. Santa Comba
De seguro, que unha das cabagaltas máis multidinarias da bisbarra será a de Santa Comba; xa que conta coa participación directa duns 150 figurantes, todos veciños e veciñas da localidade, de diversas idades, sobre todos nenos.
A comitiva estarà encabezada por mais dunha decena de xinetes locais cos seis cabalos. As sùas Maxestades recorrerán Santa Comba en 4 Góndolas de 16m cada unha, decoradas e iluminadas incluso cunha rèplica da Cidade de Belén, e onde viaxaran os reis e os figurantes, custodiados por un numeroso grupo de Soldados Romanos  e Antorcheiras. Ademais, uns 30 anxos teràn un espacio acondicionado en especial para que acompañen ós reis e o neno Xesùs.
Ó paso da comitiva dos reis pola Praza do Campo da Feira haberá un espectáculo pirotécnico de fogos artificiais.
O recinto feiral està decorado cun belén vivinte de 1200 metros cadrados, zona para inchables uns 300 kilos de caramelos aptos para celiacos e máis de un milleiro de bolsas con lambetadas para tódolos nenos que asistan.
A cabalgata saira de Santa Catalina e percorrerá a avenida Alfonso Molina ata a rotonda da Santa, e despois pola avenida de Brasil e a rúa Curros Enríquez ata chegar ó Recinto Feiral.
Baio
Os rapaces de Baio tamén terán a oportunidade de falar cos Reis Magos esta tarde. Para a ocasión, a Asociación Cultural Adro estrea unhas carrozas co fin de que Melchor, Gaspar e Baltasar percorran as rúas da vila a partires das 17 horas. Logo, será a recepción no pavillón deportivo onde os recibirán con inchables, música e agasallos para os máis pequenos.
Cee
A partir das 17.30 h. terá lugar a Visita das Súas Maxestades, os Reis Magos, este ano cunha comitiva de acompañamento con asociacións e grupos culturais do concello de Cee (Terra de Sena, Fumes do Cal, Pedras Miúdas e Petaforte).
Coristanco
Hoxe haberá unha festa no edificio de servizos múltiples, a partir das 17 horas, con música e baile, talleres, animación e agasallos. Os participantes recibirán ás súas maxestades de Oriente, que sairán ás 17.30 horas de Carrefour e chegarán á vila ás 19.00 horas. O día 6 sairán para realizar o seu tradicional percorrido por todas as parroquias. Sairán ás 10.00 da igrexa de Oca e continuarán por Couso, Xaviña, Ferreira, Traba, Rececinde, Agualada, Seavia, San Paio, Erbecedo e Cuns, a onde teñen prevista a chegada ás 13.20 horas. Pola tarde empezarán en Valenza ás 15.00 horas e seguirán por Castro, Verdes e Cereo, onde rematarán a súa visita ás 15.30 horas.
¡E de seguro que os Reis Magos visitan todas as casas dos nenos da Costa da Morte!

Comentarios