Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os traballadores da piscina alzan a voz contra o alcalde de Cee

Os traballadores da piscina alzan a voz contra o alcalde de Cee
Peche da piscina municipal de Cee Con este bando o alcalde daba peche á piscina municipal de Cee

Así fica xa a piscina municipal (si, municipal) de Cee. Pechada a cal e canto. Despois dun ano de loita dos traballadores, e un par de meses á escuras, parece que a única solución que atopa o Concello de Cee, o responsable da infraestrutura, é o peche defintivo.

Así llo fixo saber o alcalde, Ramón Vigo, aos traballadores da piscina e a todos os veciños de Cee nun pleno extraordinario celebrado esta mañá de xoves 14 de xullo. Un pleno no que o punto do día era tratar unha posible solución ao problema do peche da piscina, pero tralo que os traballadores saíron “totalmente desolados antes as malas novas que recibimos”.

”Sentímonos enganados, estafados por este alcalde que parece que só é alcalde duns cantos veciños que lle bailan a auga”, denuncia un dos traballadores afectados, que despois de 7 meses sen cobrar, soubo tralo pleno que terá que esperar, alo menos outros 5 meses para ver se hai solución ao problema.

O Concello resolvía que ten que ser o Consello Consultivo o que valore o asunto e dea solución, polo que terán que agardar 3 meses de prazo, outro pleno e varias xestiones máis só para saber se vai haber ou non solución.

”Levamos 7 meses sen cobrar, pero as facturas seguen chegando. Pídenos paciencia e que hai que esperar. Pero nós preguntámonos: canto máis? Por que non poden axilizar máis as cousas?”, lamentan ao tempo que recordan que levan tendo unha actitude “impecable, sempre esperando e sendo pacientes”.

Pero agora necesitan alzala voz cansos de tantas promesas incumplidas. A última, apenas hai un par de semanas cando o propio Vigo lles aseguraba en persoa que a partir do 7 de xullo estaría en condicións de poñer á nova empresa de xestión para poder abrir a finais de mes. “Resulta que agora, onde dixen digo digo diego”, critican os traballadores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios