Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado "Acordo Marco"

Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado "Acordo Marco"
Concentracion en Ferroatlantica de Cee contra o Acordo Macro Concentración na fábrica de Ferroatlántica de Cee contra o Acordo Macro

Unhas 200 persoas secundaron a nova concentración convocada polo Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas na tarde do pasado mércores 28 de decembro. Unha cita para protestar polo denominado “Acordo Marco”, que negocia Dirección e sindicatos estatais (UGT e CC.OO.) ás costas dos representantes galegos para para sustituir os convenios de empresa no grupo Ferroatlántica.

A CIG amosa o seu “total rexeitamento” ao devantido Acordo, e consideran a “negociación constitúe unha usurpación da lexitimidade de negociación dos comités dos centros de traballo, xa que a dirección recoñece como interlocutores aos representantes das centrais sindiciais, e non a representación legal elixida polo centro de traballo”.

Lembran que no ámbito galego xa existen 3 convenios colectivos (Cee–Sabón e Serrabal) que actualmente están en vigor e coas suas comisións negociadoras constituídas e plataformas presentadas. Convenios que están en fase de renovación e que este “acordo marco” pretende liquidar provocando un novo “retroceso de dereitos conquistados durante tantos anos na negociación colectiva nos distintos centros de traballo”.

Historia do Caso Ferroatlántica

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios