Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os traballadores dos PACs volven facer un paro polo eterno déficit de recursos humanos

Os traballadores dos PACs volven facer un paro polo eterno déficit de recursos humanos
PAC de Vimianzo de paro Os traballadores do PAC de Vimianzo facéndose o selfie do paro

Xa en abril saíran a rúa, pero as súas reivindicacións caeron en saco roto. Os traballadores dos Puntos de Atención continuada de toda Galicia volveron concentrarse ao longo do país para continuar denunciando o “déficit en recursos humanos, a nula planificación a curto e a longo prazo de cada un dos nosos centros”. Unhas situacións que se convirten en realmente graves nas datas de vacacións, cando afrontan momentos de sobrecarga asistencial que fai complicado o poder dar unha atención cun mínimo de calidade.

Este pasado domingo 12 de agosto facía un paro de 10:45 a 11:15 seguindo co lema “PACs en pé de guerra”, en sinal de protesta pola inhibición do Sergas e demandando eses “Equipos completos adaptados ás necesidades de cada PAC”.

Na Costa da Morte fixeron paro, alomenos, os traballadores de Carballo, Ponteceso e Vimianzo, se ben en Cee, non puideron facer o paro pola alta demanda asistencial que tiñan nese momento. Ben simbólica a situación no Hospital Virxe da Xunqueira...

PAC Carballo en paro Traballadores do PAC de Carballo de paro PAC de Ponteceso en Paro Traballadores do PAC de Ponteceso de paro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-pacs-tamen-se-alzaron-en-pe-de-guerra-por-reivindicacions-laborais-aprobadas-no-2008/

Comentarios