Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os veciños de Nemiña organizan unha andaina para reinvidicar o mal estado da estrada do Faro de Touriñán

Os veciños de Nemiña organizan unha andaina para reinvidicar o mal estado da estrada do Faro de Touriñán
Así está a estrada de acceso ao Faro Touriñán Así está a estrada de acceso ao Faro Touriñán

Xa o levan denunciando dende hai tempo o BNG de Cee ou o PP muxián. Máis tempo levan aínda indignados os veciños da zona, fartos de sortear as fochancas da estrada do Faro Touriñán. Unha estrada que se atopa en fatal estado, practicamente dende o cruce de Pereira en Cee a través, despois, do Concello de Muxía ata o faro.

Despois de facer unha boa colleita de sinaturas, o seguinte paso que preparan os veciños é unha Andaina reivindicativa, para denunciar o estado do vial. A andaina terá lugar o próximo domingo 29 de outubro ás 16:00 da tarde. Sairán do cruce de Pereira e irán camiñando ata a Grixa, en Frixe, onde farán unha pequena concentración como final do acto.

Os organizadores animan a todos os veciños do Concello de Muxía e Cee, así como ós de toda a comarca, a participar nesta andaina como mostra de apoio e polo ben común, xa que está é unha estrada moi utilizada por todos por ser a principal vía de acceso a lugares como a praia de Nemiña e o xa nomeado faro Touriñán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios