Venres. 29.03.2024
El tiempo

Outra festa deportiva da familia Aspadex con máis 70 participantes

Outra festa deportiva da familia Aspadex con máis 70 participantes

Non paran estas figuras de Aspadex. Este sábado, día 28 de Abril, a Asociación ceense organiza a II Xornada da Liga Provincial Interclubes para persoas con discapacidade intelectual da Coruña, na modalidade de Atletismo.

Nas que participarán 70 deportistas, pertencentes as asociación: APADER (Cedeira),CHAMORRO (Narón), ASPRONAGA (Coruña), AMIPA(Padrón) e ASPADEX (Cee) , entidade organizadora do evento deportivo, que contará coa colaboración de 20 persoas entre adestradores e voluntarios para o bo desenvolvemento da xornada.

E non quedará no deporte a festa, senón que pola tarde realizarán un xantar de convivencia e visitarán a Fervenza e Museo Electrico do Ezaro.

Desenvolvemento da proba

A actividade desenvolverase no estadio municipal “San Paio de Refoxo” de Cee, dende as 10:30h ata as 14:00h, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Deportes de Cee e Begano-Cocacola.

Durante a xornada, realizaranse as seguintes Probas:

  • 25 metros. Marcha Asistida.
  • 25 metros.Asistida Verbal.
  • 60 metros.
  • 100 metros.
  • 200 metros.
  • Relevos 4x100.
  • Lanzamento de Peso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Aspadex.

Comentarios