Venres. 14.08.2020
El tiempo

Pequenos e maiores aínda disfrutan da man de Fernando Blanco de Lema

Pequenos e maiores aínda disfrutan da man de Fernando Blanco de Lema
Concerto da Banda de Musica de Cee para celebrar o 216 aniversario do nacemento de Fernando Blanco-Foto- Dario Areas

Continúa a veciñanza de Cee achegándose á figura de Fernando Blanco co gallo do programa cultural que artella a súa Fundación polo 216 aniversario do seu nacemento, que financia a Deputación a través do convenio asinado hai pouco. E parece curioso que aínda, 2 séculos despois, a veciñanza siga culturizándose da man deste mecenas que tanto fixo pola vila da Xunqueira.

Así, durante a fin de semana pequenos e maiores disfrutaron de diferentes actividades culturais, como a simbólica e emotiva ofrenda floral, a misa na capela do Instituto e o inmediato concerto da Banda de Música de Cee que tivo lugar na mañá do sábado.

Pola tarde foi turno do humor, e foi Antón Coucheiro o que trouxo o seu máxico monólogo "Hola, veño do futuro".

Anton Coucheiro  celebrar o 216 aniversario do nacemento de Fernando Blanco-Foto- Dario Areas

O día dos peques foi o domingo. Máis de 100 cativos disfrutaron do "Planetario portátil" nas 5 sesións que se puideron celebrar ao longo do día e que permitiron que os pequenos viaxasen no tempo.
A tardiña tocou sesión de Contacontos da Natureza a cargo da compañía Duende Sico.

Planetario Portatil para  celebrar o 216 aniversario do nacemento de Fernando Blanco-Foto- Dario Areas Duende Sico para  celebrar o 216 aniversario do nacemento de Fernando Blanco-Foto- Dario Areas

Novas relacionadas

Outras novas

Especial Domingo Antonio de Andrade, con Víctor Castiñeira

  • Coñecendo polo miúdo a Domingo Antonio de Andrade.
  • Fonte

    • Fundación Fernando Blanco de Lema.

    comentarios