Venres. 19.04.2024
El tiempo

Pequenos e maiores, protagonistas das primeiras accións da Cruz Vermella Cee

Pequenos e maiores, protagonistas das primeiras accións da Cruz Vermella Cee
Inauguracion da Cruz Vermella en Cee-Foto-Rafa Quintans Imaxe da inauguracion da Cruz Vermella en Cee-Foto-Rafa Quintans Un par de meses despois de estrear a nova sé en Cee, a Cruz Vermella xa está a pleno rendemento para reforzar a atención aos colectivos vulnerables. Así, as primeiras actividades van dirixidas aos grupos sociais en dificultade social, tanto maiores coma nen@s. Por unha banda, a sé de Cruz Vermella en Cee vai a impartir, entre o 26 de novembro e o 12 de decembro, un curso de manexo de smartphones para persoas maiores. En concreto, a acción formativa vaise a desenvolver en dúas sesións semanales, que terán lugar os luns e os mércores de 16:00 a 17:30 horas. Esta iniciativa se engloba no marco da actuación con persoas maiores de Cruz Vermella, que ten por obxectivo favorecer que os maiores poidan seguir desenvolvendo a súa vida na súa propia contorna e domicilio.

Promoción do éxito escolar de nenos e nenas en dificultade social

Doutra banda, a Organización puxo tamén en marcha o proxecto “Promoción do éxito escolar”, unha iniciativa coa que os menores en risco de exclusión social teñen un apoio para mellorar o seu rendemento académico, promoviendo ademais entre eles e elas a adquisición de hábitos de vida saudables, principios e valores. Desde a posta en marcha deste programa, inaugurado a principios do mes de novembro, abríronse dous grupos dirixidos a menores que foron derivados á Organización por parte do Concello de Cee. En concreto, o grupo uno está formado por nenos e nenas con idades comprendidas entre os sete e os nove anos, que se reúnen os luns e os mércores, e o grupo dous de mozos entre 12 e 15 anos, con apoio escolar os martes e os xoves.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-cruz-vermella-estrea-sede-en-cee/

Comentarios