Venres. 07.05.2021
El tiempo

Piden o remate da instalación de fibra óptica en Cee

  • R asegura que mellorou o servizo a 23.000 fogares de toda a comarca
Obras-do-operador-galego-R-para-instalar-fibra-optica-en-Cee
Piden o remate da instalación de fibra óptica en Cee

Segue sen chegar a todas partes a fibra óptica. Así o ratifican dende o BNG de Cee, que lamentan que lugares de Brens, Ameixenda, Lires ou Bermún, sigan sen ter boa conectividade. “A veciñanza que non ten fibra óptica ten que sufrir os prezos abusivos de Movistar, por un servizo con peores prestacións, xa que ten o monopolio do acceso a internet no rural”, denuncia. “Esta empresa fai un uso abusivo da súa posición dominante no rural do noso concello, cuxa rede de telecomunicación se despregou (e se desprega) a base de subvencións das administracións públicas. A todo, isto cómpre recordar que a empresa matriz de Movistar é Telefónica, unha empresa pública privatizada nos anos 90 do pasado século”, critica.

O voceiro Serxio Domínguez pon exemplos concretos do diferente trato que ten a veciñanza: “Unha vivenda de Tedín ten acceso a 3 megas nun contrato básico con Movistar por un prezo de mais de 50 euros mensuais, si esa familia cambia a outra compañía por teren mellor prezo, e sen saber moi ben a causa, ou si, de inmediato a velocidade baixa de maneira importante. Pola contra en Lires, as posibilidades de cambiar de compañía, e polo tanto de elixir a mellor oferta, ou a que máis interesa, é total pola presenza da liña de fibra óptica. A veciñanza con este servizo dispón de opcións multiples en compañías diferentes”.

Outro exemplo a mencionar dase no polígono empresarial, onde “unhas empresas dispoñen de alta velocidade e outras non, dependendo si están antes ou despois da glorieta, así, unha empresa como o Lar non dispón de velocidade suficente para adaptarse as novas formas de venta, o que claramente supón un enorme contratempo”.

Por iso dende o BNG piden que o Concello faga “xestións oportunas diante da Xunta de Galiza e do Goberno central para o despregamento da fibra óptica en todo o territorio do noso concello en igualdade de condicións para todos os veciños e veciñas”.

R incrementa a capacidade da súa rede na Costa da Morte

Mentres, o operador R asegura que realizou nos últimos meses un intenso traballo para reforzar a súa rede, repercutindo en máis de 23.000 fogares dos concellos de Carballo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Cee, Corcubión e Fisterra.

Aseguran ter instalado novos equipos nos nodos principais de conexión que lles dan servizo a estas áreas, concretamente nos núcleos troncais de Carballo e Cee.

Novas relacionadas

comentarios