Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Piden un maior recoñecemento ceense a Baldomero Cores no segundo aniversario do seu pasamento

Piden un maior recoñecemento ceense a Baldomero Cores no segundo aniversario do seu pasamento
Baldomero-Cores-Trasmonte Baldomero Cores Trasmonte Piden un maior recoñecemento ceense a Baldomero Cores no segundo aniversario do seu pasamento

Xa en 2014 pedían que o Colexio público ceense levase o seu nome, acto que serviría ademais para cumprir a lei de memoria histórica. Daquela recoñecemento a súa figura quedou só nunha declaración nun pleno, para aprobar, pouco despois que o Salón de Actos da Casa da Cultura levase o seu nome. No medio, un bonito homenaxe no peirao de Cee organizado pola familia para esparexer as súas cinzas.

Non lle parece suficiente recoñecemento ao BNG ceense, que dous anos máis despois e coincindindo co segundo anivesario do seu pasamento, presenta unha nova moción para que ao salón que leva o seu nome, se lle coloque unha placa que así dea fe delo.

Así mesmo, piden que “desde a área de cultura se organicen unhas xornadas para dar a coñecer a figura do intelectual ceense, e non caia no esquecemento, como ten pasado con outros persoeiros de relevancia.”

Baldomero Cores Trasmonte

Cores Trasmonte desenrolou unha intensa actividade como periodista, escritor, profesor universitario e xurista. Natural de Cee, estudiou Dereito en Santiago. Continuou os seus estudos en Madrid, foi profesor de socioloxía na Universidade Complutense, e catedrático en Porto Rico. Nos anos oitenta voltou a Galiza e exerceu como xurista do parlamento, desde onde contribuiu ao desenrrolo dunha lexislación propia galega, e continuou unha abultada traxectoria intelectual como ensaista. Foi membro de la Real Academia Galega e cronista oficial do concello de Cee e medalla Fernando Blanco.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios