Venres. 18.10.2019
El tiempo

Presentadas as festas da Xunqueira

Presentadas as festas da Xunqueira
Na mañá de onte eran presentadas na Casa do Concello de Cee as Festas da Virxe da Xunqueira para este ano 2011. Os festexos desenvolveranse entre o 12 e o 16 de agosto, e será unha comisión de festas formada por Concello e veciños a que se encargue da organización. Dita comisión formouse como unha esixencia necesaria por mor das implicacións do rexedor na Operación Orquesta. Programa As festas da Xunqueira comezarán o día 12 co pregón a cargo do locutor da Radio Galega Luis Rial. O día 13 será unha xornada para adicala aos máis pequenos, con inchables e festa da escuma. Tamén haberá un desfile de cabezudos. Pola noite actuarán os Brothers in Band, que farán un tributo aos Dire Straits. O día 14 actuarán a orquestra Superstar e María do Ceo. O 15 farán o propio a Banda de Música da Escola Municipal de Cee con concertos e pasarrúas. Porán máis música as orquestras Compostela e América. Ademáis, a noite do día 15 haberá sesión de fogos de artificio. Xa por último, o día 16 tocarán a charanga NBA e a banda de música Unión Musical Ponteledesma. Actuará a orquestra Solara e tamén haberá unha gala musical para poñer o punto final ás festas, na que actuarán Lolita e La Guardia. Tamén contarán nesa noite cun musical dos anos 80 e coa actuación dun grupo de pop galego. O Concello de Cee aporta aos festexos 42.000 euros. Os membros da comisión aseguraron que o custe redúcese en 50.000 euros con respecto ao ano 2010.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios