Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Presentan no rexistro do Concello de Cee 600 sinaturas que apoian a apertura do Castelo do Príncipe

Presentan no rexistro do Concello de Cee 600 sinaturas que apoian a apertura do Castelo do Príncipe
Pablo Alvarez Caamano e Serxio Dominguez no rexistro do Concello de Cee Pablo Alvarez Caamaño, da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe, e Serxio Domínguez, do BNG, no rexistro do Concello de Cee Seguen esperando a resposta da Valedora do Pobo (o prazo para a última contestación vence este mesmo 6 de abril), pero a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe e o BNG non queren frear o movemento que parece estar obrigando a que Xunta e propietario asinen un acordo para abrir, segundo a lei, este Ben de Interese Cultural. Deste xeito, ambos grupos veñen de presentar as 609 sinaturas que levan recollidas dende hai máis dun ano. Sinaturas de apoio á apertura do BIC no Concello de Cee. Pablo Álvarez Caamaño e Serxio Domínguez presentaron as sinaturas no rexistro municipal. "Cremos que é o momento de facer ver á administración que á xente atópase descontenta ca xestión dos BIC", sinala Álvarez.

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios