Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Primeiros apoios públicos na Costa da Morte á folga internacional de reivindicación feminista do 8 de marzo

Primeiros apoios públicos na Costa da Morte á folga internacional de reivindicación feminista do 8 de marzo
folga feminista do 8 de marzo

Estrana a polémica que se está dando arredor da folga xeral convocada internacionalmente para o vindeiro 8 de marzo, como clara mostra de reivindicación feminista. Unha folga que pretende ser unha chamada de atención sobre a desigualdade e invisibilidade que historicamente sofren as mulleres, e que chega co claro obxectivo de esixir a mellora das súas condicións sociais e laborais para combater as discriminacións laborais agravadas polas medidas aplicadas baixo a coartada da crise económica.

Así o entende o BNG de Cee, que presentará unha moción naque solicita do pleno da corporación, que o concello de Cee apoie a convocatoria desta folga de mulleres.

O BNG lembra que a fenda salarial en Galicia é do 23%, pois mentres o salario medio anual dos homes se estima en 20.243 euros o das mulleres só chega aos 15.730 euros, ao que hai que engadir que os contratos a tempo parcial, temporal e descontinuo son maioritariamente femininos, o que repercute na baixa cotización, soldo, prestación do paro e das pensións.

En clave local, destacan que en Cee hai 366 mulleres rexistradas no paro e 228 homes, segundo os últimos datos da Xunta, o que representa unha porcentaxe de case o 20 por cen superior de desemprego por razón de sexo. Máis aínda, no laboral as mulleres cobran menos de media e sofren máis precariedade, no ámbito do consumo foméntase que as mulleres teñan que adquirir produtos máis caros que aplican a denominada “taxa rosa” cando están dirixidos ao mercado feminino, ademais de gravar os produtos básicos de hixiene cun 21% de IVE.

Fonte

  • BNG de Cee.

Comentarios