Xoves. 24.09.2020
El tiempo

Tres profesionais de Cee entregan 100 pantallas para os profesionais da primeira liña

Pantallas de seguridade #madeinCee
Pantallas de seguridade #madeinCee
Tres profesionais de Cee entregan 100 pantallas para os profesionais da primeira liña

A solidariedade segue presente no concello de Cee. Esta vez trátase da fabricación artesanal de máscaras de protección con impresoras 3D.

Vista a gran demanda de produtos protectores fronte ao COVID 19 e á escaseza dos mesmos, tres particulares estiveron fabricando pantallas de protección mediante impresoras 3D e doáronas ao Concello, a Aspadex, a supermercados e a outras entidades para que as distribúan entre os seus traballadores.

Martín Romero Vieites (traballador do 061), David Hidalgo e José Angel Casáis lograron reunir en pouco tempo sobre unhas 100, unha cantidade considerable, dado o lento proceso de produción de cada unha.

Dáse a circunstancia de que José Angel Casais traballa para a empresa xaponesa KODEN, quen lle autorizou para dedicar a infraestrutura da que dispón a empresa, así como os materiais, a esta tarefa.

comentarios