Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?

Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?
Porto de Brens -Foto-Marcos Rodriguez

Hai ano e medio, comezábase a falar da fábrica de tubos que nunca existíu.
Posteriormente, no Diario Oficial de Galicia de 23 de agosto de 2012, Portos publicou a “Delimitación de espazos e usos portuarios do Porto de Brens – Cee”, que contén, ademais dos usos da propia zona portuaria, a cualificación do solo e os usos permitidos en toda a marxe esquerda da ría, nos terreos que no seu día ocupou a SICAR. Abríase un período de alegacións de 45 días.
O 7 de novembro dese mesmo ano celebrouse un Pleno no Concello de Cee para aprobar unhas alegacións (fora de prazo) a ese Plan de Usos presentado por Portos. Toda a corporación, agás os tres concelleiros de ANC, aprobou esas alegacións, en base, fundamentalmente, a que preferían un uso residencial para esa área de Cee.
Posteriormente, o 21 de febreiro de 2013, o pleno rexeitou unha moción presentada por IxCee e Psoe para que se tiveran en conta esas mesmas alegacións.

"Hoxe, ano e medio despois de que Portos publicase a súa proposta de delimitación, aínda non temos noticia de que resolveu", sinalan dende a Asemblea Nacionalista de Cee. O prazo de presentación xa pasou do verán a novembro e polo de agora seguimos sen novas dun Plan de Usos para sacar proveito a un investimento de 14,5 millóns de euros que se meteron no peirao de Brans.
Por iso piden celeridade ao ente autonómico, porque ademais "a decisión tamén é transcendental a nivel urbanístico, posto que da decisión que se tome dependerá a ordenación do territorio do concello. Mentres non se saiba, non ten sentido continuar cos traballos de redacción das normas urbanísticas", entende o grupo de ANC.

Un dos temas máis importantes, podería ser a creación dunha base loxística de Salvamento propia no porto refuxio de Brens, con espazo mesmo para o polémico helicóptero de Lires.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de ANC.

Comentarios